A Conferencia de Software Libre incidirá no papel da programación aberta para superar a crise
venres, 6 de novembro do 2009
Esta semana fixéronse públicos en Madrid os detalles máis importantes da quinta Conferencia Internacional de Software Libre, un encontro que para esta edición centrará máis que nunca os seus esforzos en achegar e facer públicas as ferramentas abertas máis idóneas para un sector empresarial que non acaba de ver a saÃda da crise produtiva. A xuntanza, que contará con CENATIC en labores de promoción, celebrarase en Cáceres (entre o 1 e o 3 de decembro) baixo un epÃgrafe que fala por si só: Novos contornos, novas oportunidades. Por certo que o evento tamén servirá para poñer de relevo a importancia da programación aberta no eido institucional, máis necesaria que nunca agora que toca conter o gasto e apostar por ferramentas con meirande capacidade de adaptación.
Asà o fixeron saber durante o acto de presentación os responsables da Junta de Estremadura e a Junta de AndalucÃa (organizadores desta Conferencia), para quen está claro que as tecnoloxÃas baseadas en software libre poñen en xogo as bases máis firmes para contribuÃr á saÃda da situación económica actual.
Segundo informan Mancomún e CENATIC, durante os tres dÃas de Conferencia Internacional está prevista a celebración de dez paneis de expertos, catro obradoiros e titoriais e outras tantas sesións plenarias nas que participarán máis de sesenta relatores. Entre estes últimos, persoeiros como Rahaf Harfoush, experta en novos medios de comunicación e o impacto da tecnoloxÃa sobre a empresa, e que en 2008 formou parte da campaña de comunicación en liña de Barack Obama.
Ademais, contan as ditas entidades, a Conferencia contará con conferenciantes como Eduardo Punset, recoñecido divulgador cientÃfico en España, Alfons Cornellá, distinguido polos seus traballos en torno á xestión da información, Rafael Pampillón, director da área de EconomÃa do Instituto de Empresa, Jesús González Barahona, profesor na Universidad Rey Juan Carlos, ou Simón Hergueta, creador da web Gaia.
