A Coruña acolle este venres o V Concerto das Telecomunicacións
xoves, 31 de maio do 2012
O Colexio Oficial de Enxeñeiros de
Telecomunicacións (COETG) segue adiante cos seus actos de celebración ligados
ao 17 de maio, como recordaremos, DÃa Mundial das Telecomunicacións, DÃa de
Internet e, a maiores, DÃa das Letras Galegas. Pois ben, logo da xornada convocada
cos centros de ensino dende o CESGA para reivindicar o papel da muller nas
novas tecnoloxÃas (entre outras actividades máis), o COETG celebra este venres
1 de xuño, ás 20.30 horas, a quinta edición do Concerto das Telecomunicacións.
A cita será ás 20.30 horas no Museo de Belas
Artes da Coruña (rúa Zalaeta s/n) e, como dixemos, insÃrese dentro das
celebracións do DÃa Mundial das Telecomunicacións. Executada pola agrupación de
música de cámara TrÃo Klásico, a gala prevé reunir a preto de 150 persoas,
entre enxeñeiros de Telecomunicación, representantes da industria TIC galega e
demais autoridades municipais e autonómicas. O programa inclúe obras de
Telemann (Duo No 7), Glier (Huit Morseaux Op. 39) e Mendelssohn (Grand Trio Op.
49).