A Coruña mobiliza á mocidade para resolver retos sociais con ferramentas STEAM (III Concurso Imaxina)
martes, 17 de outubro do 2023
- Premiados na anterior edición de Imaxina
O
Goberno
herculino abriu o prazo de inscrición (até o 5 de novembro) da
terceira edición do Concurso Imaxina Coruña 2023-24, no que
poderán participar os centros educativos da cidade e área
metropolitana que conten con Educación Secundaria Obrigatoria e
Bacharelato, coa finalidade de fomentar a difusión da cultura
científica e tecnolóxica entre dito alumnado.
O
programa Imaxina Coruña está organizado polo Consistorio herculino
a través do Servizo de Educación en colaboración cos Museos
Científicos Coruñeses, e nace como “unha iniciativa municipal de
carácter innovador” que convida á mocidade a crear un proxecto
orixinal coas disciplinas STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería,
Arte e Matemáticas) e buscando contribuír a resolución dun
problema real da sociedade.
Nesta
III edición a temática do concurso deberá centrarse en Arte,
Ciencia e Tecnoloxía.
Cada
centro poderá solicitar participar cun máximo de 3 grupos, que
poderán contar entre 2 e 4 participantes e deberán ser mixtos.
O
concurso desenvolverase en varias fases (catro) dende o mes de
novembro de 2023 ata o mes de abril de 2024.
Os
premios virán establecidos en función de 3 categorías: premio á
sustentabilidade, premio á innovación e premio ao compromiso
social.
Premios
para tres proxectos
Para
cada unha das categorías, o recoñecemento consiste nun convite a
participar ou visitar un día a
feira científica Zientzia Azoka, en Bilbao, incluíndo gastos de
desprazamento e aloxamento para os equipos gañadores e os docentes
(máximo 5 persoas/grupo, incluído o docente).
Premio
ao centro educativo
Cada
centro educativo onde estea matriculado o alumnado premiado nas 3
categorías sinaladas, recibirá un cheque regalo por importe de
500,00 euros, que deberá destinarse á adquisición de material
científico e tecnolóxico para a aula participante no concurso.
Premio
ao vídeo do proxecto
Aqueles
grupos concursantes que presenten un vídeo relato do seu proxecto
serán publicados en Youtube e sometidos a votación popular os 3
días anteriores a celebración da Feira de ideas. O gañador da
votación popular será premiado cun estabilizador.
Ademais,
o Concello correrá cos gastos de material funxíbel que estean
relacionados co traballo a desenvolver, ata un máximo de 150,00
euros por grupo participante.