A Deputación da Coruña celebra un coworking café no marco da Startup Europe Week
martes, 5 de marzo do 2024
No contexto da Startup Europe Week, acontecemento impulsado pola Comisión Europea para fortalecer o ecosistema emprendedor no eido rexional e local, a Deputación da Coruña organiza o evento Coworking Startup Café. Este encontro levarase a cabo o vindeiro xoves 14 de marzo ás 10 horas no centro de coworking Pazo de Arenaza (Oleiros), integrante da Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo posta en marcha desde o Plan de Emprego Local (PEL).
Neste evento os e as emprendedoras da provincia que desexen participar recibirán información sobre a Rede Provincial de Coworking impulsada desde o Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña, terán a oportunidade de escoitar falar sobre Intelixencia Artificial, chips e Galicia ao Dr. Antonio Hyder, director de investigación cientÃfica en Hackers & Founders (Palo Alto, CA, EEUU) e KG Charles-Harris, CEO de Quarrio IA; e compartirán un café con persoas emprendedoras de éxito da nosa provincia como Rosa Vázquez, socia cofundadora de Codee; Xoel Vázquez, CEO de Xoia; MarÃa Hermo RodrÃguez, CEO e cofundadora de Galejobs e Xosé Manuel Feijoo, fundador de Boldest.
As inscricións realizaranse exclusivamente a través da páxina web do coworking do Pazo de Arenaza. Engadir que por mor do aforo, só 24 persoas poderán participar no formato presencial, coa opción de seguir o evento en formato web streaming. Para máis información sobre o programa do evento cómpre visitar a páxina web da Startup Europe Week.