A Deputación da Pontevedra impulsa proxectos de transformación dixital nos concellos cunha contía de 2,5 millóns
xoves, 5 de xaneiro do 2023
A
Deputación
de Pontevedra quere transformar os concellos da provincia e adaptar a
súa administración aos tempos dixitais. Este é o obxectivo
común dos novos proxectos que vai desenvolver a institución grazas
aos fondos Next GenerationEU. En concreto, a ten á súa disposición
algo máis de 2,5 millóns de euros para facer investimentos en
concellos de menos de 20.000 habitantes ao abeiro das subvencións
para a transformación dixital e modernización das Entidades Locais
do Plan de Recuperación.
A
Deputación presentou xa unha proposta que engloba proxectos para as
cinco liñas estratéxicas contempladas na convocatoria. En total, 47
dos 51 concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia mostraron
o seu interese en todos ou nalgúns dos proxectos propostos. En
concreto, na primeira das liñas estratéxicas Unha
administración orientada á e ao cidadán, propúxose unha
plataforma web/app de comunicación ca cidadanía e xestión
de incidencias, que permitirá que os e as cidadáns poidan comunicar
aos seus concellos calquera incidencia, sendo tamén unha canle
bidireccional entre concellos e cidadanía. O proxecto conta cun
orzamento de 170.000 euros para 36 concellos e permitiralles, como
explicou a presidenta da Deputación, Carmela Silva, dispor de
“información directa e capacidade de actuación inmediata, pois
será a propia cidadanía a que traslade aos concellos as
incidencias, comentarios, peticións, etc.”. Ademais, na liña 1
porase en marcha un portal de transparencia, para que os concellos
poidan cumprir coa Lei de Transparencia poñendo a disposición da
cidadanía toda a información dos distintos indicadores establecidos
na Lei cun orzamento de 55.000 euros para 22 concellos.
No
caso da liña 2, Operacións intelixentes, a proposta é
un sistema automático de xestión de órganos colexiados nos
concellos, incluíndo subministro de equipo e software de emisión,
gravación e almacenamento de reunións con autenticación dos
vídeos, “de tal forma que a cidadanía poida seguir en directo ou
baixo demanda os plenos do seu concello e as secretarías municipais
dispoñan dunha ferramenta para xerar de maneira automática as actas
dos mesmos”, informou Silva. Contará cun orzamento de 600.000
euros para 32 concellos.
Pola
súa banda, na liña tres, Goberno do dato, cun
orzamento de 100.000 euros para 47 concellos búscase dotar de
instrumentos “a unha provincia para dinámica para cumprir coas
follas de ruta máis importantes que se están a trasladar desde os
organismos públicos”. Así, subministraranse indicadores para o
seguimento dos obxectivos da axenda urbana española na provincia e
dos obxectivos de desenvolvemento sustentábel da Estratexia 2030,
que se poderán mostrar nun cadro de mando para poder trazar plans de
mellora en cada concello.
Na
liña de Infraestruturas dixitais, dotarase aos 47
concellos solicitantes de preto de 1.000 postos de traballo
intelixentes de mobilidade para as e os empregados públicos. Serán
computadores avanzados que “van permitir ter ferramentas físicas
para facer máis moderno todo o relacionado coa Administración
Electrónica”, explicou a presidenta da Deputación. Ademais,
dotarase ao CPD (Centro de Procesamento de Datos) da Deputación do
equipamento preciso para poder albergar as ferramentas que se poñan
en marcha neste proxecto e almacenar a información que se xere.
Por
último, á liña Interoperabilidade de servizos básicos de
administración dixital, que é de obrigado cumprimento,
presentouse un proxecto de Integración coa Carpeta Cidadá que, cun
orzamento de 530.000 euros, permitirá á cidadanía acceder de
maneira autenticada á consulta dos seus expedientes, o que, ademais
de axilizar a información, permite ás e aos cidadáns “aforrar
tempo e ter información de primeira man”.