A Deputación de A Coruña fará posible a administración electrónica en 86 concellos da provincia
venres, 4 de xaneiro do 2008
A Deputación de A Coruña está a abordar na
actualidade un ambicioso programa para facer posible a administración electrónica
nos concellos da provincia. O proxecto execútase en colaboración cos
ministerios de Administracións Públicas e de Industria, Turismo e Comercial,
constituÃndo unha actuación sen precedentes na provincia para modernizar a
administración local e achegala ós cidadáns mediante as TIC aplicadas á xestión
municipal.
O
programa ten un custo económico de 1,2 millóns de euros para a Deputación,
que achegará o 50% do orzamento, mentres que o resto se financiará a través da
Administración central, e servirá para cumprir coa normativa comunitaria que
establece que en 2010 tódolos procedementos e xestións municipais se realizarán
de xeito telemático.
A primeira fase do proxecto iniciouse no mes de novembro de 2007 e estÃmase que
se completará en febreiro de 2008, e consistiu no subministro de servidores
Dell Power Edge2900 a un total de 86 concellos asà como ó Consorcio das
Mariñas, o Consorcio Provincial de Bombeiros e ás mancomunidades do Camiño de
Santiago e Arousa Norte. Esta fase, que conta cun orzamento de 600.000 euros,
tamén incluÃu a instalación das aplicacións e a migración de datos para a
prestación de servizos ó cidadán con tramitación electrónica.
A segunda fase do programa desenvolveraa a unión temporal de Coremain e El
Corte Inglés, empresas que completarán o subministro de software ós concellos,
permitÃndose co mesmo a tramitación electrónica de 150 procedementos (coma
concursos, poxas, licenzas, subvencións, pagamento de tributos, ordenanzas
fiscais...) a 50 concellos, mentres que os restantes só contarán con 102
elementos de xestión.
Os concellos incluÃdos no programa son Ames, Arteixo, Betanzos, Boiro, Fene, A
Laracha, Muros, Narón, Noia, Ordes, Padrón, A Pobra, Pontedeume, As Pontes,
Porto do Son, Rianxo, Sada, Santa Comba, Teo, Vimianzo, Abegondo, Ares, Arzúa,
A Baña, Bergondo, Boqueixón, Brión, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Camariñas,
Cariño, Carnota, Carral, Cedeira, Cee, Cerceda, Coristanco, Curtis, Dodro,
DumbrÃa, Fisterra, Laxe, Lousame, Malpica, Mazaricos, Melide, MesÃa, Miño,
Mugardos, MuxÃa, Neda, Negreira, Oroso, Ortigueira, Outes, Oza dos RÃos, O
Pino, Ponteceso, Rois, San Sadurniño, Tordoia, Trazo, Val do Dubra, Valdoviño,
Vedra, Zas, Aranga, Boimorto, A Capela, Cerdido, Cesuras, Coirós, Corcubión,
Frades, Irixoa, Mañón, Moeche, Monfero, Paderne, Santiso, Sobrado, Somozas,
Toques, Touro, Vilarmaior e Vilasantar, asà coma os consorcios e mancomunidades
antes mencionados.