A Deputación de Lugo inicia un novo programa de dixitalización das administracións provinciais
venres, 7 de maio do 2010
Hoxe
inaugurouse a Xornada de Lanzamento do
programa tecnolóxico Innova-TE, co financiado no 70% polo Ministerio
de Administracións Públicas, e co que a Deputación de Lugo inicia oficialmente o
proceso de implantación da administración electrónica na Deputación e nos 66
Concellos da provincia.
O evento contou co a participación da secretaria do Estado de Función Pública,
Consuelo Rumà e do presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, quen
subliñou que «este encuentro marca un antes y un después en la
trayectoria de esta institución, de los Ayuntamientos y de los ciudadanos de
esta provincia. Hoy arranca oficialmente la administración sin papeles y la
administración abierta 24 horas. En este partido, todos llevamos la misma
camiseta: la de las nuevas tecnologÃas. Diputación y Concellos lucharemos por
un triunfo compartido, siendo corresponsables de los éxitos y resultados».
Durante
estes meses, o organismo provincial traballou para pór en marcha esta
iniciativa que ten un investimento de 9 millóns de euros.
En
total, no prazo de 12 meses levaranse a cabo 40 procedementos na Deputación e
80 e canda un dos Concellos de ámbito de actuación do programa. No caso do
organismo provincial, crearase un procesador de datos con servidores e
capacidade de Internet, resolvendo os problemas actuais de acceso á rede, e
estreando un novo portal web apostando polo software libre. Como exemplos,
Gómez Besteiro explicou que os funcionarios poderán pedir duplicados de
nóminas, certificación de retencións do IRPF para facer a declaración da renda,
inscrición en accións formativas, trámites de contratación de obras e
subministros, etc
Asà mesmo crearase unha pasarela de pagos. Os cidadáns
poderán consultar a bolsa de emprego do seu expediente a través
da sinatura electrónica e a notificación das subvencións realizarase
electronicamente. A institución provincial tamén acollerá un Centro de
Asesoramiento Empresarial, una plataforma única e multicanle, onde
se vai informar e resolver dúbidas sobre a administración electrónica a
emprendedores, veciños, traballadores.