A Deputación de Pontevedra bota a andar 2 proxectos piloto de WiMAX para o rural
xoves, 21 de maio do 2009
- Durante o encontro de blogueiros en Agolada os asistentes criticaron a ausencia da banda larga na vila
O ano pasado celebrouse en
Agolada un encontro de blogueiros, no que os participantes locais quixeron
destacar o mérito que supón publicar información na Internet partindo de
accesos á Rede claramente deficientes, pois á vila non chegaba o ADSL. A
ausencia da banda larga en moitos concellos galegos é todo un problema para a
integración na Sociedade da Información, e a Deputación de Pontevedra quere
atallar algúns casos nos que a fenda dixital é notable, e aprobou o expediente para a
contratación do servizo de telecomunicacións de 2 proxectos piloto dentro do
plan WiMAX Rural que suporá un investimento de máis de 238.000 euros.
O procedemento aberto dividirase en 2 lotes: un primeiro proxecto piloto para
probar a tecnoloxÃa WiMAX nos concellos de Agolada, Meis e Arbo na banda dos
2,5 GHz; e un segundo proxecto que probará a mesma tecnoloxÃa na banda dos 3,5
GHz en Meis, Arbo e Pazos de Borbén.
O plan de implantación do WiMAX rural inicia a súa experiencia piloto en 25
fogares dos primeiros 4 concellos. Despois despregarán a rede necesaria e
identificarán as necesidades reais de cobertura e infraestruturas. Agardemos
que o proceso acade un éxito que permita aos habitantes do rural pontevedrés
acceder á Rede cunhas condicións dignas dentro dun prazo razoable.