A Deputación de Pontevedra enche de obradoiros TIC as sedes de SmartPEME
martes, 6 de setembro do 2016
- A presidenta da Deputación, Carmela Silva
A Deputación
de Pontevedra enfía o mes de setembro cunha longa listaxe de
actividades formativas tecnolóxico-dixitais, a desenvolver ao abeiro
do programa SmartPEME, que é como se coñece a nova liña de
actividade da antiga rede CPAE 2.0. Segundo fai saber a entidade que
preside Carmela Silva, os obradoiros de SmartPEME desenvolveranse nas
oficinas que este programa (antes CPAE 2.0) ten en Porriño,
Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo. Todas as actividades
darán comezo ás 19.00 horas. Tocarán cuestións tecnolóxicas do
máis variado, facendo fincapé nas materias TIC de meirande
utilidade para os nosos profesionais, PEME e autónomos. Por exemplo
as ferramentas para favorecer a promoción, a comunicación con
clientes e usuarios e as vendas.
Como lembraremos, a
iniciativa SmartPEME diríxese a ofrecer aos emprendedores e pequenas
e medianas empresas da provincia unha serie de servizos de
información, análise, asesoramento, capacitación, demostración e
acompañamento no ámbito das TIC, “sempre da man dos propios
implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de
empresarios e de mozos e mozas autónomas”, informa da Deputación,
que sinala que en Pontevedra, no propio edificio administrativo do
organismo provincial, desenvolveranse seis obradoiros. O venres 9 de
setembro, A túa páxina web en menos de 90 minutos. O venres
16, A túa páxina web con WordPress. O martes 20, LinkedIn:
a túa rede de networking. O venres 23 de setembro, Comercializa
os teus servizos a través das redes sociais. O martes 27,
Xestión da túa empresa: Facturación e ferramentas integradas.
Por último, o xoves 29, Fotografía e vídeo para espazos
interiores. A oficina SmartPEME de Pontevedra, no Edificio
Administrativo da Deputación, atópase na Gran Vía de Montero Ríos,
s/n.
Na comarca de Vigo, as
oficinas situadas nos concellos de Ponteareas, O Porriño e Vigo,
acollerán dezaoito obradoiros. Na oficina de Ponteareas as
actividades serán as seguintes: o venres 9, Vén descubrir que
son e para que serven as redes sociais. O martes 13, Fotografía
e vídeo para espazos interiores. O sábado 17, Seguridade
informática: conceptos básicos. O luns 19 de setembro, A túa
información sempre á man: almacenamento na nube. O venres 23, A
túa páxina web en menos de 90 minutos. Por último, o mércores
28 de setembro, Como ser eficiente na organización do teu tempo:
trello e toggl. A oficina SmartPEME de Ponteareas, no Centro de
Desenvolvemento Local, atópase en Lomba do Cruceiro, nº 5.
Pola súa banda, a
oficina do Porriño desenvolverá os seguintes obradoiros: o mércores
7, Seguridade informática: conceptos básicos. O luns 12,
Fotografía con smartphone: PIXLR para Android e IOS. O xoves
15, A túa páxina web en menos de 90 minutos. O martes 20 de
setembro, Redes sociais para a empresa: é Twitter a túa
solución?. O xoves 22, Como empregar Google e Google Apps for
Business. Por último, o mércores 28 de setembro, Crea unha
nube de información privada para a túa empresa. A oficina
SmartPEME do Porriño, no Multicentro do concello, atópase na rúa
Ribeira, s/n.
As quendas para o mes de
setembro na oficina de Vigo son as seguintes: o martes 6 de setembro,
LinkedIn: a túa rede de networking. O martes 13 de setembro,
Facebook Ads. O venres 16, Fotografía e vídeo para
espazos interiores. O luns 19 de setembro, Google Analytics:
iniciación á analítica web. O 26 de setembro, Google
Analytics: Interpretación dos datos e tomas de decisión. Por
último, o xoves 29, Promove o teu perfil en Facebook con
aplicacións externas. A oficina SmartPEME de Vigo, na Sede da
Deputación da cidade, atópase na Rúa Oporto, nº 3.
En Cambados, realizaranse
6 obradoiros no Centro ExpoSalnés. As quendas desenvolveranse tamén
en horario de 19:00 horas: o xoves 8 de setembro, Como facer unha
campaña de publicidade exitosa en Google?. O venres 16 de
setembro, Recursos e ferramentas TIC para o teu negocio. O
luns 19 de setembro, Fotografía e vídeo para espazos interiores.
O xoves 22 de setembro, A túa páxina web con WordPress. O
martes 27 de setembro, Rendibiliza o teu perfil profesional en
redes sociais. Por último, o venres 30 de setembro, LinkedIn:
a túa rede de networking. A oficina SmartPEME de Cambados, no
Centro ExpoSalnés, atópase no Paseo da Calzada, s/n.
En Lalín, as quendas son
as seguintes: o xoves 8 de setembro, Redes sociais para a venda.
O luns 12 de setembro, Como facer unha campaña de publicidade
exitosa en Google?. O xoves 15 de setembro, Aprende como
facturar electronicamente. O mércores 21 de setembro, Fotografía
e vídeo para espazos interiores. O venres 23 de setembro,
Seguridade informática: conceptos básicos. Por último, o
venres 30, Como ser eficiente na organización do teu tempo:
trello e toggle. A oficina SmartPEME de Lalín, no Viveiro de
Empresas situado no Polígono Lalín 2000, atópase na parcela E
deste espazo.
As inscricións a todos
eles formalizaranse a través do número de teléfono 886 20 20 20.
O Proxecto SmartPEME
SmartPEME, en palabras da
presidenta da Deputación na presentación do proxecto aos Concellos
celebrada a finais do pasado mes de xuño, “é un novo modelo de
servizo orientado á mellora competitiva das PEME e á procura dunha
melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre
novos eidos de actuación e acada novos grupos de interese coma os
emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de
dinamización en concellos".
Co devandito obxectivo,
nas oficinas do Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e
Vigo poranse en marcha as seguintes actividades: itinerarios de
obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás
necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais
coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con
asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización
sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de
influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a
emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos
provedores de solucións para as PEME e, tamén, impulso de novas
carteiras de servizos de asesoramento.