A Guarda presenta a súa nova web de turismo
mércores, 20 de xullo do 2016
Hoxe
tiña lugar ás 12
horas, no Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de
Santa Cruz da Guarda, a presentación da nova web de turismo do dito
concello do Baixo Miño.
A páxina en cuestión, turismoaguarda.es, xorde coa finalidade de achegar unha mellor
experiencia a visitantes e turistas, que agora contarán cunha páxina
especÃfica de turismo na que consultar as súas dúbidas. O portal
contará con información sobre os recursos turÃsticos da Guarda,
sobre como se pode chegar, onde se pode durmir ou comer, o que hai
que visitar ou as diferentes e variadas festas que se celebran na
Guarda ao longo do ano, entre outras cousas. Todo isto cun deseño
moi visual e atractivo no que as imaxes que amosan a beleza natural e
paisaxÃstica, asà como o patrimonio da vila.
Alén de amosar a
nova web, hoxe tamén se aproveitaba para estrear ante os asistentes
en exclusiva un vÃdeo de promoción turÃstica da Guarda. Engadir
que a páxina irase actualizando e ampliando o seu contido paseniño
incluÃndo todas as novidades que vaian xurdindo. Subliñar que entre
os apartados con actualizacións periódicas atópase un adicado a
novas sobre a Rede de Museos da Guarda.
En resumo, con esta
nova páxina web complétase o labor que xa viñan facendo a web do
concello e a aplicación para móbil, constituÃndo as tres
ferramentas dixitais nas que se poderán consultar toda aquela
información sobre turismo que precisen os interesados que visiten o
lugar.