A Internet está a piques de superar á prensa en penetración
luns, 5 de xullo do 2010
A segunda onda de 2010 do Estudo Xeral de Medios (EGM) vén de dar a coñecer
so seus datos (podemos descargar
un resumo en formato PDF), reflectindo o feito de que a penetración da
Internet fronte á dos xornais impresos está só a 2 puntos de distancia, e
de considerarse só aos menores de 65 anos teriamos que a Rede xa ten unha
audiencia acumulada superior á prensa, o que marca
un punto de inflexión moi claro, pois non hai que esquecer que os grupos
demográficos máis interesantes para os anunciantes pertencen a rangos de idade
nos que a Internet supera aos xornais en penetración de xeito significativo.
Cos datos do EGM podemos asegurar que ata os 45 anos de idade a Internet ten
máis audiencia que a prensa, confirmando que estamos ante unha diferenza
xeracional, e é de agardar que no futuro a penetración da Rede continúe a
medrar, mentres que as publicacións impresas non paran de reducir a súa
distribución, de aà que o cambio de paradigma nos medios está preto de
producirse.