A Nintendo 3DS e a Wii U quedarán sen xogo en liña
mércores, 4 de outubro do 2023
Nintendo
vén de anunciar
o cesamento dos servizos en liña para programas de Nintendo 3DS e Wii U, ou
sexa, que os usuarios que aÃnda gocen dunha destas consolas de videoxogos a
partir de primeiros de abril de 2024 non poderán gozar do xogo en liña e doutras
funcións que precisen dunha conexión á Internet para funcionar, como o xogo
cooperativo en liña, as clasificacións na Internet e a distribución de datos.
As funcións dos xogos que non precisan de conexión á Rede continuarán a funcionar
como até o momento, aÃnda que cómpre salientar que o Banco de Pokémon e o Poké
Trasladador serán servizos en liña que manteranse activos, estando aÃnda por definir
cando será o seu adeus.
O peche dos servizos en liña non afectará á descarga de xogos adquiridos con
anterioridades nin á súas actualizacións, ou sexa, que a Nintendo eShop seguirá
estando accesible.
Esta operación por parte de Nintendo non deberÃa de resultar traumática, xa que
as consolas afectadas xa son bastante vellas e apenas tiñas tÃtulos que explotasen
o xogo en liña, polo que a actividade actual das súas plataformas na Rede era
totalmente anecdótica, de aà que se procesa ao peche de servidores que non
compensa manter activos.