A Oficina de Software Libre Móbil da UDC comeza nova xira polo Campus
luns, 5 de outubro do 2009
A Oficina de Software Libre Móbil da Universidade da Coruña vén de anunciar o comezo dunha nova etapa do seu programa de divulgación vas vantaxes e utilidades da programación aberta, tanto para o ámbito persoal como para os eidos docente e empresarial. Co obxectivo de ir abrindo a nova andaina, a Oficina comezará un itinerario pola maior parte posible dos centros do Campus de Elviña, achegando o software libre aos membros da comunidade universitaria e amosándolles as súas capacidades, vantaxes e posibilidades. Como na anterior edición da ruta, a Oficina Móbil equipararase con técnicos informáticos propios de seu e un posto interactivo con diverso material informático.
Segundo informa a UDC, a unidade estará na Facultade de Informática (na imaxe) do 5 ao 9 de outubro; na ETS de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos, do 13 ao 15 de outubro; na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, do 20 ao 22 de outubro; na Fac. de SocioloxÃa, do 27 ao 29 de outubro; na Facultade de Dereito, do 03 ao 05 de novembro; e na Facultade de Ciencias da Educación, do 10 ao 12 de novembro.
