A SecretarÃa Xeral de Modernización está a traballar na superación das eivas dos concellos galegos no seu acceso á Rede
mércores, 16 de setembro do 2009
- A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, recibiu en audiencia ao alcalde de Ortigueira, Rafael Girón no seu despacho de San Caetano.
A secretaria xeral de
Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, expresou hoxe o firme compromiso da
Xunta de traballar para satisfacer a demanda de acceso a internet de todos os
municipios de Galicia. Asà llo trasladou este serán ao alcalde de
Ortigueira, Rafael Girón, con quen mantivo unha xuntanza de traballo para
avaliar e coñecer de preto as necesidades en materia tecnolóxica deste
concello.
No encontro, que se
enmarca na rolda de contactos que a secretaria xeral de Modernización e
Innovación Tecnolóxica está a manter cos diferentes concellos galegos, o
alcalde de Ortigueira puxo de manifesto as carencias que padece este municipio
no tocante ao acceso a internet, posto que a situación, dixo, segue a estar «moi afastada» das necesidades da
poboación e das empresas alà afincadas.
Nesta liña, Rafael Girón
saudou a próxima posta en marcha do Plan Director de Banda Larga, que a Xunta
implantará a partir do vindeiro mes de xaneiro e que terá en conta as demandas
das empresas, do sector público, e da poboación galega. A secretaria xeral, Mar
Pereira, presentoulle os criterios que rexerán a elaboración deste Plan, que se
realizará no derradeiro trimestre do ano, e no que se investirán 102 millóns de
euros ata o ano 2013, fondos procedentes do Plan Avanza e de fondos FEADER.
O alcalde de Ortigueira
manifestou a súa total dispoñibilidade e interese en colaborar coa Xunta de
Galicia para acadar un mellor servizo de aceso á rede para os seus cidadáns.