A TDT experimentou unha forte caÃda de consumo en 2022
martes, 31 de xaneiro do 2023
Un
informe elaborado por Barlovento confirma o temor que moitos teñen sobre a
televisión en aberto en España: o consumo
de televisión rexistra o seu peor dato dende 1992. ConfÃrmase asà a
tendencia de caÃda continuada de consumo da TDT en España.
O consumo televisivo lineal en 2022 rexistrou de media 190 minutos por persoa e
dÃa, o que supón un descenso do 11% fronte a 2021. En contraste, o consumo hÃbrido
medra até os 36 minutos por persoa e dÃa, o que supón unha suba do 16,7% interanual.
Deste xeito temos que a propia definición de espectador está a redeseñarse, xa
que os televisores facilitan o acceso a contidos na Internet, ao igual que o
consumo audiovisual tamén pode realizarse en moitas outras pantallas.
Pero Barlovento non só dá conta da caÃda no consumo en minutos, senón tamén en
persoas, de xeito que pasamos de 30,5 millóns de espectadores ao dÃa en 2021 a
28,8 millóns en 2022, confirmando a tendencia de que a TDT cada vez ten menos
peso no consumo audiovisual.
A consultora tamén destaca que en Canarias, PaÃs Vasco, Aragón, Asturias e
Galicia o descenso da audiencia é menos acusado, situándose por debaixo do 10%,
en contraste do que acontece na Comunidade de Madrid, onde o consumo televisivo
caeu un 14%.
Un balance moi interesante que fan dende Barlovento é o das audiencias medias
entre as 22:15 e as 22:30, o considerado prime time, e temos como pasou
de 18,2 millóns de espectadores en 2013 até 13,6 millóns de espectadores en
2022, sendo especialmente salientable o feito de que no último ano a caÃda foi
de 1,9 millóns de espectadores, polo que podemos entender que o remate das
restricións por mor da pandemia afectou moito ás audiencias televisivas. Dende
Barlovento tamén destacan que esta caÃda de audiencias en prime time
iniciou a súa caÃda en 2015, cando chegou Netflix a España.
Barlovento destaca que segundo o Estudio Xeral de Medios estima que actualmente
Netflix está presente en preto de 10 millóns de fogares (o que supón un público
potencial superior aos 22,5 millóns de persoas), Prime Video chega a 6,5
millóns de fogares (15,2 millóns de persoas), Movistar+ a 3,6 de fogares (8,4
millóns de persoas), HBO Max a 3,6 millóns de fogares (8,2 millóns de persoas)
e Disney+ a 3,2 millóns de fogares (7,6 millóns de persoas), sendo as
plataformas que máis incidencia teñen no consumo televisivo tradicional. En
total o EGM asegura que hai 12,9 millóns de fogares con subscricións a
plataformas de vÃdeo baixo demanda, o que supón un público potencial de preto
de 30 millóns de persoas.