A TVG emitirá un anuncio para formentar a responsabilidade dos menores na publicación de fotografÃas na Internet
mércores, 22 de xullo do 2009
O Valedor do Pobo, Benigno López González, e o
Director Xeral da CompañÃa de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG), Alfonso
Sánchez Izquierdo, asinaron
hoxe un convenio de colaboración para difundir en Galicia un anuncio
televisivo elaborado polo Defensor
do Menor da Comunidade de Madrid, que pretende sensibilizar aos
adolescentes na responsabilidade que supón colgar
as súas imaxes ou gravacións na rede. O spot
emitirase de xeito intensivo dende o próximo 1 de agosto, e durante
mes e medio, en horarios de máxima audiencia xuvenil.
A TVG non só emitirá o anuncio da campaña Antes de colgar a túa imaxe na web, pénsao,
senón que tamén elaborou a súa dobraxe ao galego, e con esta campaña buscan
concienciar aos mozos no bo uso da Internet e das redes sociais, concretando na
responsabilidade que supón publicar imaxes e vÃdeos na Rede, onde pasan a ser de todos, de xeito que logo poden facer
o uso que queiran dos mesmos sen ter en conta ao seu propietario.
O anuncio amosa a unha moza que ve coma distintos descoñecidos a abordan na
rúa, facéndolle comentarios que a incomodan, para descubrir ao chegar ao seu
instituto que os seus compañeiros teñen imaxes dela no móbil ou impresas, o que
a leva a fuxir.