A Technium R Encounter trasládase a Expourense

luns, 15 de abril do 2019 Redacción

Entre os días 3 e 5 de maio Expourense acollerá unha nova edición do encontro informático Technium R Encounter, evento que ofrecerá 512 postos informáticos e unha conexión á Rede a 10 Gbps simétricos, o que supón multiplicar por 10 a velocidade da que puideron gozar na edición do ano pasado.
Esta party informática está organizada pola Asociación de estudantes da Facultade de Informática, que durante 6 edicións celebrouse no polideportivo da Universidade de Vigo na cidade de Ourense, pero que na vindeira edición transfórmase mudando de enclave e abríndose a un público máis amplo. Temos así que, aparte da intranet reservada para os inscritos, na que celebraranse torneos de videoxogos, creatividade dixital, hardware, software e outras actividades, haberá un espazo de extranet aberto a todo tipo de visitantes, con actividades variadas con zonas para videoxogos, impresoras 3D, realidade mixta e virtual, drons, obradoiros e conferencias.

JPEG - 89.3 KB
Nas últimas edicións da party informática de Ourense celebrábanse nun polideportivo

PUBLICIDADE