A UDC busca o aforro enerxético a través da virtualización
martes, 17 de decembro do 2013
Unha das teimas actuais do sector TIC é a de reducir o
consumo enerxético dos equipamentos informáticos, e para avanzar neste sentido
na Universidade da Coruña (UDC) están
a comezar a implantación de escritorios virtuais para o persoal de
administración e servizos e para o estudantado. Este proceso chega actualmente
a trescentos escritorios, agardando acadar o ano que vén cun total de 3.000
equipos centralizados que poderán conectar simultaneamente.
Esta solución foi desenvolvida polo Servizo de Informática e facilita a
renovación tecnolóxica da UDC dun xeito doado, abaratando custos. O adxunto á
VicerreitorÃa para Novas TecnoloxÃas, VÃctor Carneiro, asegurou durante a
presentación desta medida de modernización tecnolóxica que o traslado do
software do posto de traballo aos servidores centrais, polo que, en caso dunha
avarÃa, o traballador poderá seguir coas súas funcións sen perder datos. Os
equipos informáticos poderán substituÃrse por un sinxelo dispositivo,
económico, cun consumo enerxético menor e cunha maior vida útil. Carneiro
estima que o aforro enerxéticos grazas ao uso de escritorios virtuais serÃa dun
20%.
Para os estudantes esta tecnoloxÃa facilitará a conexión ás aulas net dende os
seus ordenadores, tablets ou smartphones.