A UIE de Abanca e Microsoft asinan unha alianza
xoves, 10 de novembro do 2022
A
Universidade
Intercontinental da Empresa (UIE) e Microsoft veñen de asinar unha
alianza para capacitar e certificar aos seus estudantes nas
tecnoloxías punteiras e disruptivas especialmente demandadas polas
empresas. A través de Microsoft AI Business School e UIE, os
estudantes do campus da entidade galega Abanca formaranse e
descubrirán, “dunha maneira práctica”, todas as posibilidades
da aplicación da Intelixencia Artificial na contorno empresarial.
O
acordo, segundo fixeron saber as dúas entidades, inclúe a posta en
marcha de proxectos docentes e de investigación, con especial foco
na aplicación de tecnoloxías innovadoras á sustentabilidade
ambiental
A
alianza, que foi rubricado este xoves 10 de novembro na Coruña por
Miguel Ángel Escotet, reitor da Universidade Intercontinental de la
Empresa, e Alberto Granados, presidente de Microsoft España,
pretende, nas súas palabras, “impulsar a transformación dixital
da entidade universitaria e aplicar a innovación tecnolóxica na
formación dos seus estudantes, capacitándoos coas habilidades que
demandan realmente as empresas”.
O
acordo, sinalaron, tamén fortalecerá a vertente innovadora da UIE,
que complementa o seu modelo presencial individualizado (aplicado aos
programas de grao e mestrado nos campus da Coruña e Vigo) con
mentoring, titorías e uso integrado de tecnoloxías interactivas
e accións en remoto. Isto reforzarase grazas á incorporación de
solucións Microsoft orientadas a mellorar a comunicación e
colaboración entre docentes, persoal de administración e
estudantes. Neste senso, “o uso de Microsoft 365 Educación ou
Teams, permitirá á universidade proporcionar experiencias de
aprendizaxe máis flexíbeis, atractivas e inclusivas”, engadiron.
O
acordo contempla, así mesmo, o traballo conxunto entre Microsoft e a
Universidade Intercontinental da Empresa na posta en marcha de
proxectos docentes e de investigación, facendo especial fincapé
naqueles centrados na sustentabilidade. “O mercado laboral demanda
cada vez máis profesionais formados cunha combinación de
coñecementos e habilidades STEM, como a IA, o uso de datos ou a
computación cuántica, con outros especializados en sostibilidade,
polo que fai falla moito talento dixital para facer fronte á enorme
demanda de dixitalización de todo tipo de empresas e organismos en
España, non só do sector tecnolóxico, senón de calquera ámbito
de actividade”, explicou Escotet.
Microsoft
axudará á UIE a ofrecer “unha proposta de formación innovadora”
que inclúa as competencias dixitais que require o sector
empresarial, mellorando así, a empregabilidade e incorporación ao
mercado laboral dos seus alumnos.
Amais,
os estudantes dos distintos graos e mestrados da universidade terán
ao seu dispor a tecnoloxía Microsoft Learn, plataforma en liña
aberta, organizada por itinerarios, titoriais paso a paso e contornas
interactivos que facilitan unha aprendizaxe práctica. Trátase dun
modelo de capacitación e certificacións oficiais nas tecnoloxías
máis innovadoras de Microsoft, como a computación na nube, ciencia
de datos ou Intelixencia Artificial, que “axudarán aos estudantes
da UIE a diferenciarse e mellorar as súas posibilidades
profesionais”, segundo fixeron saber Escotet e Granados.