A USC celebrará un curso de software libre este verán
xoves, 11 de xuño do 2009
A
Revolución do Software Libre (OS REVOLUTION 09) é
o nome que os responsables da Oficina de Software Libre da USC lle quixeron poñer
ao vindeiro curso de formación sobre
aplicacións abertas que a entidade académica vai levar a cabo no vindeiro
mes de xullo.
A iniciativa, que consistirá na
celebración dunha serie de relatorios sobre as ferramentas que están a
revolucionar a industria da informática e a relación que millóns de usuarios en
todo o mundo teñen coas tecnoloxÃas asociadas a esta (daà o nome das xornadas),
enmárcase nos Cursos de Verán que a USC oferta para a vindeira tempada e ten
como principal obxectivo expoñerlle aos asistentes a historia do cambio que
está a sufrir o modelo económico da industria da informática neste momento.
As conferencias, que serán impartidas por
recoñecidos referentes profesionais e filosóficos das múltiples áreas
implicadas, serán exposicións teóricas que abranguirán todo o referente ao
software libre como modelo do que tomar ideas para renovarse e estarán avaladas
polos datos e a experiencia que as entidades que representan (administracións,
empresas, universidades, asociacións…) poden aportar.
O curso está pensado para un público
xeralista, en boa medida ca vontade de amosar o xeito en que o Software Libre
afecta a toda a sociedade. Partirase das nocións básicas e non son precisos
coñecementos previos de ningún tipo. Nembargantes, agárdase que o curso sexa
tamén de interese para os veteranos no mundo do Software Libre, xa que
permitirá abordar moitos aspectos que decote quedan en segundo plano.
A actividade desenvolverase do 20 ao 24
de xullo na aula 10 da Facultade de XeografÃa e Historia e terá un aforo
limitado de 150 alumnos, que terán de prazo ata o vindeiro 10 de xullo para
matricularse.
