A UVigo e o CNTG acollen o dÃa 16 unha xornada sobre licenzas de software libre
xoves, 10 de outubro do 2013
O Edificio Miralles da Universidade de Vigo e o CNTG
de Santiago van dar acubillo os dÃas vindeiros a unha máis que
interesante xornada sobre métodos de uso de software libre. Ou sexa,
sobre todas aquelas cousas que moitos de nós cremos saber sobre a
natureza e implicación da programación aberta (aplicada sobre todo
a proxectos propios) e moi probablemente aÃnda non sabemos, tanto a
nivel de usuarios como de empresas e institucións. A xornada Como
licenciar e traballar con licenzas libres vén da man da Oficina
de Software Libre do CIXUG e celébrase o 16 de outubro, pola mañá
no Miralles e polo serán no Cento de Novas TecnoloxÃas de Conxo, en
Santiago.
Contarase coa presenza de Carlos Gómez Otero
(Comunidade universitaria e titularidade do software), Juan
Julián Merelo (O software libre contado aos universitarios) e
Javier de la Cueva (Licenzas creativas). Os relatorios
concluirán cunha mesa redonda. Os devanditos participantes, informa
a Oficina, tentarán botar luz sobre as dúbidas que guinda o uso das
licenzas libres, por exemplo: que
licenza escoller?, estou
condicionado polo software empregado para o meu proxecto?,
cales son as implicacións
da licenza escollida?,
cales son os meus
dereitos se publico cunha licenza libre?,
como debo aplicar a
licenza ao meu código?,
é de
abondo con poñer o
meu código nunha forxa pública e dicir que é GPL?...
A asistencia ás xornadas é de balde e está aberta
ao público en xeral, universitarios, empresas, sendo soamente
preciso inscribirse previamente por limitacións do aforo, tal e como
se reflicte no portal Mancomún.
Esta xornada forma parte das actividades que a OSL do CIXUG realiza
ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a
Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA),
e incluÃda no Plan
de Acción de Software Libre 2013 da Xunta de Galicia.
