A Xunta, as deputacións e a FEGAMP apostan por un modelo único de Administración electrónica
luns, 28 de setembro do 2009
- O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, presidiu a sinatura do Procolo de Colaboración entre a Xunta, as Deputacións provinciais e a FEGAMP para o desenvolvemento da e-Administración en Galicia
O presidente da Xunta,
Alberto Núñez Feijóo, asinou esta mañá cos presidentes das catro deputacións e
o responsable da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), o protocolo de actuación para o
establecemento da e-Administración na nosa comunidade, destacando que o
pacto institucional formalizado hoxe ten un obxectivo claro que é «acadar administracións abertas 24 horas e
os 365 dÃas ao ano».
Feijoo asegurou que os
beneficios dunha Administración electrónica son «incuestionables», e se basean no aforro «de millóns de horas de traballo» dos distintos cidadáns na súa relación
coas administracións; de «millóns de
euros» pola perda de horas de traballo deses cidadáns nos trámites
administrativos e de «toneladas de papel»
que se substituirán por pantallas de ordenador.
Subliñou, asÃ, que
garantir o acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, require unha
transformación das nosas institucións «cara
un modelo no que primen os conceptos de efectividade e entrega do valor público».
Por iso, recoñeceu a importancia de camiñar cara a un modelo «máis transparente e participativo»,
seguro de que as TIC son o instrumento dinamizador neste cambio.