A Xunta de Galicia incorpórase a CENATIC
xoves, 17 de febreiro do 2011
O Consello da Xunta
celebrado hoxe en San Caetano aprobou
a incorporación da Xunta de Galicia ao Centro Nacional de Referencia de
Aplicación das TecnoloxÃas da Información e a Comunicación (CENATIC), que ten
como obxectivo xeral «promover o
coñecemento e difusión do software baseado en fontes abertas na Administración
e nos diferentes sectores de actividade».
Coa entrada da Xunta
no padroado de CENATIC, o Goberno galego consegue que Galicia teña voz e voto
na entidade que toma as decisións estratéxicas para o fomento do software libre
a nivel estatal. A incorporación ao CENATIC permitirá traballar na creación no
presente ano dun selo de calidade para o software libre galego, xa que a Xunta
se adherirá ao selo nacional que se está a promover desde o CENATIC para
despois adaptalo á realidade do tecido TIC galego. Este selo permitirá ás
empresas galegas a posibilidade de obter un recoñecemento, en forma de certificación,
a nivel estatal.
Deste xeito, a
Administración autonómica continúa avanzando nas medidas previstas para
fomentar o uso do software libre en todos os ámbitos da sociedade como se recolle
no Plan de Acción 2010 en materia de software libre e de fontes abertas (FLOSS),
un plan que ten continuidade no presente ano.

- Xuntanza do Consello da Xunta en San Caetano
Entre as vantaxes para a Comunidade Autónoma de Galicia de pertencer ao padroado cómpre sinalar o impulso ao sector empresarial TIC autonómico, ao posibilitar a difusión nacional e internacional das propostas e ofertas das empresas galegas e a participación en actividades de procura de sinerxÃas e socios con empresas doutras autonomÃas. Ademais, a entidade facilita asesoramento sobre aspectos xurÃdicos, tecnolóxicos e metodolóxicos á Administración pública tanto para a liberación do software e coñecemento como para participar en programas de compartición e reutilización de código liberado por outras comunidades. Coa incorporación au seu padroado a comunidade autónoma participará directamente na elaboración da estratexia do CENATIC, tomando parte na aprobación do plan de actuación e no orzamento da fundación.
