A Xunta fusionará as redes de telecentros actuais
martes, 22 de decembro do 2009
O conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, avanzou hoxe no Parlamento
que o Goberno galego integrará
nunha soa rede as diferentes redes de telecentros existentes, de tal xeito
que por primeira vez Galicia terá un modelo territorial único de recursos para
a sociedade de información.
En resposta a unha interpelación
parlamentaria, o conselleiro recordou que ata agora coexistÃan a Rede de
Dinamización da Sociedade da Información –dependente da anterior ConsellerÃa de
Innovación e Industria- e a Rede de Telecentros de Comunicación da Xunta –da
Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual-, o que producÃa duplicidades e
ineficiencias, xa que non habÃa nin planificación conxunta, nin traballo
compartido nin coordinación algunha.
Fronte a iso, Alfonso Rueda
destacou que a Xunta daralle continuidade á Rede de Dinamización da Sociedade
da Información cun proxecto global que unifique, baixo unha mesma marca e un
mesmo modelo de xestión, ao conxunto de centros destas caracterÃsticas existentes
a dÃa de hoxe en Galicia.
Unha auténtica rede de redes que
permitirá integrar aos axentes implicados cunha estratexia definida e optimizar
recursos, a partir dunha planificación e xestión unificadas. Na primeira fase
deste proxecto contémplase o funcionamento conxunto dos centros existentes de
titularidade da Xunta, un obxectivo que conta con máis de dous millóns de euros
nos orzamentos autonómicos para o vindeiro ano 2010.
En paralelo, e segundo anunciou o
conselleiro, establecerase unha coordinación cos concellos e a Federación
Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), para abrir a rede aos municipios e
conseguir un despregue racional do sistema. Tamén coa FEGAMP se traballa para
artellar un esquema de financiamento consensuado cos concellos, para o
sostemento do persoal en todos os centros da rede e con vocación de
continuidade, xa que ata agora estes traballadores non tiñan estabilidade
laboral.
O obxectivo do proxecto, que
capitaliza a SecretarÃa Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, é
poñer a traballar en sintonÃa todos os telecentros que existen en Galicia -329
entre as distintas redes-, planificando un modelo de rede único que funcione
baixo as premisas da eficiencia e a austeridade, coa idea de xerar valor
engadido na aposta polo coñecemento e sobre a base da colaboración entre todos
os axentes, institucións e administracións.
Nese sentido, o deseño do modelo
garantirá o exercicio dun liderado transversal do Goberno galego no impulso dun
modelo de colaboración estable coas entidades locais. Ademais, permitirá
definir unha carteira de servizos, actividades e recursos para toda a rede,
buscando a súa especialización e complementariedade. Asà mesmo, facilitará a
integración na rede de novos recursos de valor engadido sobre os xa existentes.