A Zona Franca de Vigo aproba un orzamento de máis de 37 millóns de euros para investimentos na cidade
mércores, 31 de xullo do 2013
O
Pleno do Consorcio
da Zona Franca de Vigo
celebraba hoxe unha sesión na que se aprobaron uns
orzamentos para o ano 2014 que superarán os 37 millóns de euros
para realizar investimentos en Vigo e a súa área de influencia.
Será pois en 2014 cando se materialicen novas actuacións que
reorientan a actividade do Consorcio, é o caso da aceleradora de
empresas VÃaVigo,
o Centro de Innovación Gastronómica, a incubadora de empresas para
a transferencia de tecnoloxÃa aeroespacial SBAI, ou as melloras
funcionais e enerxéticas do polÃgono de BalaÃdos. Emporiso, neste
orzamento tratáronse de compatibilizar actividades tradicionais no
Consorcio como é a promoción de chan empresarial, coa dotación de
infraestruturas inmobiliarias para empresas e con novos investimentos
na área de emprendemento e innovación.
No
eido do emprendemento,
a innovación
e a internacionalización como camiños para conseguir que Vigo
mellore e diversifique a súa economÃa, o Consorcio destina nestes
orzamentos 11.580.000 euros a este apartado que se considera
estratéxico. Para dotalo de contidos prácticos, o equipo de
técnicos estivo traballando durante todo este ano en proxectos que
serán un eixo continuo de traballo como o será a Aceleradora de
Empresas VÃaVigo para a que, ao millón de euros xa desembolsado
para capital-semente, en 2014 achegarase outro máis á sociedade de
capital-risco encargada da súa xestión. VÃaVigo é un novo
programa cuxo obxectivo é a aceleración de proxectos empresariais
aos que se acompaña na súa maduración, financiamento e posta en
marcha para garantir o éxito na súa saÃda ao mercado. Cunha
duración de entre 9 e 12 meses, todo o percorrido da aceleradora
deseñouse para dar soporte e asistencia na súa fase inicial a
proxectos e empresas coa supervisión dun equipo de expertos en
emprendemento, formación e mentoring.
Aos proxectos seleccionados proporcionaránselle recursos esenciais
como asesoramento especializado, espazo de traballo en coworking
e mesmo capital semente. Aqueles emprendedores ou empresas que
superen as diferentes fases de formación poderán acceder tamén a
roldas de investimento externas para captar máis apoio e
financiamento. A convocatoria da primeira edición de VÃaVigo
abriuse o 16 de xullo e todas as persoas que desexen participar teñen
até o 16 de setembro para inscribir a súa idea de negocio online
na propia web
de VÃaVigo.
Iniciativas en viveiros
Aos
diferentes centros de iniciativas empresariais, ou viveiros de
empresa, o Consorcio destinou preto de tres millóns de euros cos que
se quere facer fronte ao novo CIE que se instalará en Porto do
Molle, a outros viveiros ou CIEs que se realizarán en colaboración
con outros concellos da comarca, e ao viveiro especializado en
transferencia de tecnoloxÃa do espazo á PEME, a incubadora SBAI
(Spain Business Aerospace Incubator). Outro dos grandes
proxectos da área de emprendemento e innovación ao que os
orzamentos destinan os primeiros cincocentos mil euros para o ano que
vén, é o Centro de Evolución Gastronómica de Galicia, un proxecto
do Consorcio para promover desde Vigo a excelencia de todos os
sectores relacionados coa gastronomÃa galega. Dado o éxito acadado
neste primeiro ano polo Centro de Excelencia-FactorÃa de Innovación,
o Consorcio quere seguir con este programa que leva a cabo coa
Universidade de Vigo e a Escola de Organización Industrial (a EOI
que achega fondos FEDER) para favorecer a implantación e
desenvolvemento de iniciativas de emprendemento e I+D+i nas PEME.