A beta da versión 3.0 de Trisquel, lista para probas
martes, 23 de xuño do 2009
O panorama de software libre galego segue a enriquecerse. Desta volta tócalle ao que sen lugar a dúbidas constitúe unha das estrelas da nosa achega á programación aberta: o sistema operativo Trisquel, promovido pola Universidade de Vigo e logo desenvolvido e ultimado por unha comunidade de voluntarios que contou co apoio da Facultade de Ciencias de Ourense, a Escola Superior de EnxeñerÃa Informática de Ourense e firmas privadas coma Sognus. O caso é que segundo informa o equipo que o fixo posible, o sistema operativo acaba de saÃr en beta na súa versión 3.0, sendo Dwyn o nome clave e ficando para libre descarga en devel.trisquel.info. A idea básica, como vén sendo costume, é favorecer unha vez máis o diálogo e achega colectiva: serán os usuarios en xeral os que fagan de correctores dos propios correctores dos erros que puideran ter xurdido. Para enviar os informes de incorreccións (un parte por cada erro), cómpre botar man do xestor de bugs habilitado.
Estas son as principais caracterÃsticas que presenta a versión 3.0 do Trisquel, un sistema operativo totalmente libre baseado en GNU/Linux e orientado sobre todo para usuarios de a pé, empresas pequenas e centros de ensinanza:
· Gnome 2.6.26
· Linux-libre 2.6.28
· OpenOffice.org 3.0.1
· Navegador baseado en Mozilla Firefox 3.0
· Idiomas incluÃdos: Inglés, Castelán, Galego, Catalán, Éuscaro, Hindi,
Chinés simplificado, Francés e Portugués.
· Mellorado o soporte de tecnoloxÃa de asistencia.
· O programa baséase na última versión de Ubuntu (9.94 Jaunty), ao que segundo informan os responsables de Trisquel se lle suprimiu todo o código privativo.
