A canción da LoterÃa de Nadal chegou da Internet
xoves, 18 de decembro do 2008
- Lionel Neykov nunha das súas actuacións
Este ano a
LoterÃa de Nadal na súa publicidade televisiva en vez de contar co tradicional calvo
optou por unha montaxe fantástica na que se poden ver moitos elementos
estáticos que cobran vida nestas datas baixo o lema anÃmate mentres se escoita Freeze
my senses, unha canción de Lionel
Neykov, un mozo de 29 anos que publicou este tema musical na web, e
que dende o mes de outubro xa superou as 600.000
reproducións en YouTube, polo que chamou a atención da axencia
española Ricardo Pérez Asociados, que contactou co músico para o uso do tema no
spot televisivo, o que lle permitiu sanear a súa
economÃa (e evitar
ser expulsado do seu piso por impago do seu aluguer), xa que cobrou
20.000 dólares por permitir o uso da súa canción na campaña de Nadal
de LoterÃas y Apuestas del Estado.
VÃdeo coa canción Freeze My Senses que xa superou as 600.000 reproducións en YouTube
Anuncio da LoterÃa de Nadal no que se utiliza o tema de Neykov