A cooperativa xuvenil Moira, gañadora do Concurso de Proxectos Cooperativistas no sector do Marketing Dixital
venres, 14 de xullo do 2023
O
Pazo de Goiáns, en Boiro, acolleu a
entrega de premios do Concurso de Proxectos Cooperativistas no sector
do Márketing Dixital impulsado pola Deputación da Coruña, a
Fundación Paideia.
Ao
acto asistiron Manuel Vázquez Sesmonde, xefe do Servizo de
Desenvolvemento Territorial e Transición Ecolóxica da Deputación
da Coruña; José Ramón Romero, alcalde de Boiro, Eva Curto
Izquierdo, representante da Fundación EOI; Xacobe Galbán Hermo,
socio da cooperativa Kracia; Isabel Pernas, socia da cooperativa
Creativas Galegas; e Guillermo Vergara, vicepresidente da Fundación
Paideia Galiza, acudiron ao Pazo de Goiáns de Boiro para facer
entrega de premios do Concurso de Proxectos Cooperativistas.
Durante
esta xornada e, con carácter previo á entrega do premio,
celebración a presentación dos proxectos creados a raíz da acción
formativa Marketing Dixital, Empregabilidade e Cooperativismo.
Grazas
a este programa formativo, mozos e mozas menores de 30 anos en
situación de desemprego recibiron máis de 200 horas de formación
impartidas por recoñecidos profesionais da mercadotecnia dixital e
do traballo cooperativo, referentes tanto a nivel galego como
nacional.
As
formacións grupais e as titorías desenvolvéronse durante os
últimos meses nos concellos de Boiro, Noia e A Coruña e contaron co
financiamento do Fondo Social Europeo. Ademais as persoas
participantes contaron co asesoramento da consultora Ernst &
Young para o desenvolvemento dos seus proxectos cooperativistas.
Nesta
edición resultou gañadora a cooperativa xuvenil padronesa Moira,
creada por 5 mozos e mozas con formación e habilidades
complementarias. A misión desta cooperativa é “impulsar o
crecemento e a visibilidade das marcas conscientes nos sectores do
turismo, os produtores locais e os grupos de desenvolvemento local, a
través de estratexias de mercadotecnia dixital”. Amais, procuran
“deixar unha pegada positiva e tanxíbel na sociedade, convertendo
o dixital en resultados concretos e significativos”.
O
premio consiste en 60.000 euros para financiar a súa posta en marcha
e o seu primeiro ano de actividade.