A edición galega do Derrame Rock xa ten páxina web
venres, 21 de xaneiro do 2011
A dezaseis edición do festival Derrame Rock,
un dos certames máis senlleiros do norte da PenÃnsula, xa ten nova páxina web propia de seu. O
sitio en liña do evento, que se achega en galego e máis en castelán, representa
unha completa ollada ao pasado e presente do festival (novas, artistas
convidados, entradas, foro, edicións anteriores, etc). Cómpre lembrar que o
Derrame Rock é un certame nómade, e asà se nos fai saber na propia web, onde se
traza un percorrido polos seus diferentes emprazamentos: comezando en Asturias
(Grado, Xixón, Oviedo, Langreo, Pravia) e agora Ourense, entre o 23 e o 25 de
xuño no recinto de Expourense.
A nova web, que se inaugurou esta mesma
semana, é un foco activo de información. De feito, permite a subscrición na
listaxe de correo co fin de obtermos datos continuos e actualizados de todo o
que acontece no festival.
Entre os grupos confirmados para a edición
galega atopamos os seguintes. Los Suaves, Ojos de Brujo, Lamatumbá,
O´Funk´illo, Def Con Dos, Escuela de Odio, Dixebra, Hamlet, Gatillazo,
BerryTxarrak, Siniestro Total e o tributo a Extremoduro, De Acero. A cifra
total de grupos participantes é arestora de 50 bandas.
Amais da web, os organizadores do festival tamén
puxeron en marcha un sitio propio de seu no Facebook, co fin de dar marxe para a achega
persoal de opinións dos seareiros.