A entrega de premios da Fundación TIC acolle a estrea da webserie Haters
luns, 22 de decembro do 2014
O
sábado 20 de decembro tiña lugar na Cidade da Muralla a
entrega dos Premios Tico -celebrada nas
instalacións da Fundación
TIC- na que se valoraban os mellores traballos
realizados ao longo do pasado curso. AsÃ, o alumnado de 2º curso
dos ciclos de Realización e Produción da Escola de Imaxe e Son
(EIS) recibÃa o primeiro Premio Tico. O equipo docente decidiu os
nomeados ás nove categorÃas que estableceron os alumnos do último
curso de Produción. Os votos dos estudantes que se incorporaron este
ano á EIS decidiron os premiados.
A gran
gañadora desta primeira edición foi El
club de los poetas muertos, que acadou
catro galardóns: mellor secuencia, mellor director, mellor director
de fotografÃa e mellor vestiario; o premio á mellor reportaxe foi
para Casa Cuna;
e á mellor curtametraxe para Toff
Svenska, Toff Curling.
Asemade, a
gala serviu de estrea oficial da webserie Haters,
que concorre á vindeira edición dos premios Mestre
Mateo. Trátase dunha comedia
producida e realizada por un equipo de alumnos e titulados da EIS,
encabezado por Tania Penoucos, Miguel Barros e LuÃs Miguel
Fernández. Rodouse o pasado mes de xullo en Lugo e contou coa
colaboración da Fundación TIC. Consta de tres capÃtulos, de 20
minutos de duración, nos que se narran as aventuras de dous mozos
inconformistas que tentan sobrevivir á sociedade actual, xunto a un
grupo de amigos. Durante a gala proxectouse un destes capÃtulos.
Ao
longo da entrega de premios tamén se proxectou un lipdub
de Nadal coa canción de MarÃa Carey Santa
Claus is coming to town, no que
participaron o alumnado, profesorado e persoal da Escola de Imaxe e
Son. Estudantes de 2º curso ocupáronse da produción e realización
do vÃdeo musical que se gravou hai un mes nas aulas e no resto de
instalacións da EIS.
Primeiro capÃtulo da Haters