A escola coruñesa Hack A Boss presenta un novo curso intensivo de programación: Summer Bootcamp
xoves, 16 de xuño do 2022
Hack
A Boss, a escola coruñesa de programación, vén de presentar o
seu novo bootcamp de programación full stack, agora en
formato intensivo. Baixo o nome de Summer Bootcamp, a empresa
de formación ofrece agora a opción de aprender todas as habilidades
técnicas necesarias para entrar no sector tecnolóxico en só 10
semanas, sendo esta una das áreas con máis demanda laboral polas
empresas. Lembrar que unha bootcamp é un programa intensivo
de adestramento práctico de curta duración, neste caso tecnolóxico.
Adoita incluír simulacións reais de traballo.
Respecto
da proposta concreta de Hack A Boss, a novidade reside en que a
persoa que elixa formarse coa escola coruñesa farao agora en menos
tempo, 10 semanas de formación, con 7 horas de clase de luns a
xoves. “Unha das grandes vantaxes deste Summer
Bootcamp”, comentan desde a escola, “é que
calquera persoa sen coñecementos previos pode aprender os
fundamentos básicos das tecnoloxías web máis demandadas polo
mercado nun tempo moi curto”. E engaden: “En 10 semanas, formamos
aos nosos estudantes nunha das áreas tecnolóxicas con maior índice
de empregabilidade. O que é unha gran oportunidade para acceder ao
sector tech”
Este
Summer Bootcamp dará comezo o 4 de xullo, estendéndose así
ata o 8 de setembro. Aquelas persoas que o desexen poderán sumar á
súa formación unha semana extra antes da experiencia formativa
intensiva, onde se dará contexto a toda a formación con clases
sobre historia da Internet e das linguaxes de programación,
pseudoprogramación, software necesario…
Hack
A Boss salienta que entre “os puntos fortes do programa formativo
desta edición” está a presenza de profesores con experiencia en
grandes compañías tecnolóxicas como Google, Microsoft, Amazon ou
Facebook. A iniciativa tamén contará coa presenza de docentes con
experiencia en startups de primeira orde, que contribuíron de
forma significativa ao desenvolvemento do mercado tecnolóxico en
España. “Estes docentes”, explican fontes da escola coruñesa,
“impartirán diferentes obradoiros na fase do programa coñecida
como Boost Academy, unha aceleradora de talento á que ten
acceso todo o alumnado para poder aumentar o seu talento e
preparación”. O obxectivo destes talleres é que as e os
estudantes teñan a posibilidade de aprender de profesionais con
experiencia nas grandes tecnolóxicas do mundo. De feito, a escola
coruñesa é a única de España que conta cun programa similar.