A innovación no impulso do galego será un dos eixes da XIX Xornada de Normalización Lingüística
luns, 20 de novembro do 2023
A
entidade Escolas
Católicas Galicia, en colaboración coa Secretaría Xeral de
Política Lingüística, organiza esta semana a décimo novena
edición da súa Xornada de Normalización Lingüística, co
obxectivo de “intercambiar información, experiencias e recursos
didácticos en galego entre o profesorado e os membros dos equipos de
dinamización da lingua galega dos centros educativos da nosa terra”.
As sesións celebraranse este venres 24 novembro de 2023, en horario
de 9:30 h a 14:00 h, na sede do Consello da Cultura Galega (Santiago
de Compostela).
Igual
ca en edicións anteriores, no marco destas xornadas entregaranse os
Premios Irmán Reboiras ás mellores iniciativas de fomento do
galego, organizados tamén por Escolas Católicas Galicia, en
colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e co
patrocinio da editorial Rodeira-Edebé.
Esta
edición da Xornada representa a primeira ocasión en que se analiza
a figura elixida pola RAG para renderlle homenaxe nas Letras Galegas
a partir do mes de xaneiro: neste caso concreto a poeta Luisa
Villalta.
Especialmente
dirixida a profesorado de galego dos noso colexios, a actividade está
aberta tamén ao de centros públicos e privados. Ademais, ofrécense
recursos e ferramentas tecnolóxicas para axudar a avanzar no uso e
no ensino do galego, coñécense boas prácticas e distínguese
algunha persoa destacada no ámbito do fomento da lingua e da cultura
galegas como foi o caso, por exemplo, de Elixio Rivas, de Helena
Villar Janeiro, Xesús Rábade, Maria Campo ou ao Irmán Reboiras.
Programa
9.30
Inauguración. Contarase coa presenza de Rosario Álvarez,
presidenta do Consello da Cultura
Galega,
Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística e
Juana Otero, secretaria autonómica de Escolas Católicas.
10:00
Letras Galegas 2024. Luísa Villalta. Contarase con intervencións de
Teresa Pastor Novo (docente de Lingua e Literatura e coordinadora do
EDLG no IESP Eusebio da Guarda, Susana Villalta (irmá da autora) e
Fuco Paz Souto, escritor.
11.00
As mulleres do Seminario de Estudos Galegos. Por Carina
Fernández Faya.
11.45
Café – Encontro
12.15
Galego, redes e ensino. Eira Losada (@nubesbaixoti) e Borxa
González (@orgullogalego).
13.00
Homenaxe a CB Breogán.
13.30
Premios Irmán Reboiras ás mellores iniciativas de fomento do
galego. Patrocinados por rodeira-Edebé
14.00
Clausura. Con Pedro Navarret, violinista, luthier e restaurador do
violino de Luísa Villalta por expreso desexo da familia.