A masacre nun instituto finlandés anunciouse horas antes en YouTube
xoves, 8 de novembro do 2007
Un alumno do instituto Jokela de Tuusula
(Finlandia) emprendeu un tiroteo nunha aula, que logo se espallou por todo o
centro, matando
a 8 persoas e ferindo a varias máis, tralo que se intentou suicidar
(actualmente se atopa en estado crÃtico) destacando o feito porque o anunciara
previamente nun vÃdeo publicado en YouTube.
- Pekka-Eric Auvinen facendo probas de tiro nun dos seus vÃdeos
O mozo de 18 anos empregada o alcume Strumgeist89 (strum geist significa espÃrito da tormenta) para publicar
clips no servizo de vÃdeos de Google (o seu usuario está actualmente suspendido)
nos que se lle podÃa ver probando a súa pistola (á que chamaba Catherine) e nos
que se definÃa coma un «selector natural».
Esta masacre resulta especialmente preocupante por ter elementos comúns coa de
Virginia Tech (que mesmo inspirara un videoxogo en
Flash), dando a impresión de que existe un efecto contaxioso neste tipo de
accións violentas, que se poderÃa magnificar pola excesiva cobertura mediática
que reciben.