A nova xeración de procesadores de Intel chamarase Intel Core i7
luns, 11 de agosto do 2008
- O logotipo dos novos procesadores será azul nos modelos básicos e negro nos de alto rendemento
Intel anunciou hoxe a súa
nova arquitectura para microprocesadores que ata o momento se coñecÃa coma Nehalem e que finalmente se coñecerán
coma Intel
Core i7, collendo o relevo dos actuais Core 2 Duo, aÃnda que haberá que agardar ata 2009 para procesadores
desta nova familia no mercado (pois entrará en produción no último trimestre do
ano).
A nova microarquitectura procurará achegar un bo rendemento combinado con
eficiencia enerxética, conservando na súa nomenclatura a denominación Intel Core, que parece que se manterá
durante moitos anos.
Os Intel Core i7 tamén contarán con
versións Extreme para equipos que
precisen de máis potencia, e en tal caso cambiará a cor do seu logotipo
(apostando polo negro en vez de polo azul).