A oficina móbil de transformación tecnolóxica da Deputación de Lugo vaise de xira polos concellos
mércores, 13 de setembro do 2023
A
Deputación de Lugo puxo en marcha unha oficial móbil para fomentar
a transformación tecnolóxica do tecido empresarial dos concellos.
Fíxoo a través do seu presidente, José
Tomé, que presentou este mércores 13 de setembro os detalles da
unidade, abeirada ao programa estatal Acelera Pemes. Trátase,
dixo, “dunha medida que reforzará o asesoramento gratuíto en
materia de transformación dixital que vén ofrecendo a institución
provincial dende hai seis meses a empresas e autónomos da provincia
a través de Acelera Pemes, que impulsa en colaboración co Goberno
do Estado”.
A
oficina móbil arrancou este mércores o seu percorrido na Mariña,
prestando servizo a empresas e autónomos do Valadouro, Lourenzá e
Mondoñedo, e continuará a súa actividade ata finais de novembro.
Este
vehículo aliméntase de placas solares que subministran a enerxía
necesaria para o funcionamento dos equipos informáticos e da
iluminación. Así mesmo, cóntase cun sistema de reciclado da auga
de lavado, o que contribúe á reciclaxe do 100% da auga que usa e á
redución ata nun 94% da presenza de hidrocarburos. “Trátase dunha
aposta polo aforro enerxético e o coidado do medio ambiente, na liña
de favorecer a sostibilidade pola que aposta a Deputación”,
sinalou o presidente, engadindo que “esta modalidade que
inauguramos hoxe permitiranos chegar mellor ao noso rural e apoiar
máis de preto aos proxectos empresariais cunha atención
personalizada”.
Tomé
lembrou que dende o inicio do Acelera Pemes hai medio ano xa
recibiron apoio máis de 1.200 empresas da provincia, o que dá boa
conta “do enorme interese que está xerando no tecido produtivo
esta iniciativa”, dirixida a axudar ao empresariado e ás persoas
autónomas a que aproveiten os recursos que ofrece a dixitalización
e as novas tecnoloxías para modernizar e mellorar o seu negocio.
Coa
oficina móbil, a Deputación reforza a actividade que xa se vén
desenvolvendo no marco deste proxecto co traballo de 7 axentes
dixitais que se moven polas diferentes comarcas e coas oficinas
abertas nos concellos de Viveiro, Lugo, A Fonsagrada, Láncara,
Monforte e Vilalba.
Neses
encontros coas empresas estudan a situación da que parte cada unha
delas e buscan ferramentas que encaixen coa súa actividade para
beneficiar o seu volume de negocio. Por exemplo, axúdanlles a crear
redes sociais e impulsalas para que teñan máis seguidores, tamén á
posta en marcha de Whatsapp Business para que interactúen coa súa
clientela ou implantan solucións dixitais específicas do seu sector
que son moi útiles para os negocios.
O
programa Acelera Pemes está dotado con medio millón de euros, dos
cales o 80% (400.000€) proceden da Unión Europea a través da
entidade pública empresarial Red.es, dependente do Ministerio de
Asuntos Económicos e Transformación Dixital, e o 20% (100.000€)
da propia Deputación de Lugo.
O calendario completo da oficina móbil
Mércores, 13 de setembro:
O Valadouro -10.30 horas
Lourenzá – 12.30 horas
Mondoñedo – 16.00 horas</p
Venres, 15 de setembro:
Riotorto – 10.30
horas
A Pontenova –
12.00 horas
Meira – 16.00
horas
Pol – 17.30 horas
Luns, 18 de setembro:
Bóveda – 10.30
horas
Monforte de Lemos–
12.30 horas
Martes, 19 de setembro:
Ribeira de Piquín –
10.30 horas
A Fonsagrada –
12.30 horas
Baleira – 16.00
horas
Mércores, 20 de setembro:
Láncara – 10.30
horas
O Páramo – 12.30
horas
O Corgo – 16.00
horas
Luns, 25 de
setembro:
Carballedo – 10.30
horas
Chantada – 12.30
horas
O Saviñao – 16.00
horas
Taboada – 18.00
horas
Martes, 26 de
setembro:
Abadín -10.30 horas
A Pastoriza –
12.30 horas
Cospeito – 16.00
horas
Xoves, 28 de
setembro:
Alfoz – 10.30
horas
Foz – 12.30 horas
Barreiros – 16.00
horas
Martes, 3 de
outubro:
Pedrafita do
Cebreiro – 10.30 horas
As Nogais – 12.30
horas
Cervantes – 16.00
horas
Luns, 9 de outubro:
O Incio – 10.30
horas
Samos – 12.30
horas
Triacastela –
16.00 horas
Martes, 10 de
outubro:
Friol – 10.30
horas
Guitiriz – 12.30
horas
Begonte – 16.00
horas
Luns, 16 de outubro:
Navia de Suarna –
10.30 horas
Becerreá -12.30
horas
Baralla – 16.00
horas
Castroverde –
17.30 horas
Martes, 17 de
outubro:
O Vicedo – 10.30
horas
Viveiro – 12.30
horas
Xove – 16.00 horas
Xoves, 19 de
outubro:
Ribas de Sil –
10.30 horas
Quiroga – 12.30
horas
Folgoso do Courel –
16.00 horas
Martes, 24 de
outubro:
Ribadeo - 10.30
horas
Trabada – 12.30
horas
Castro de Rei –
16.00 horas
Xoves, 26 de
outubro:
Monterroso - 10.30
horas
Portomarín –
12.30 horas
Guntín – 16.00
horas
Martes, 7 de
novembro:
Muras – 10.30
horas
Vilalba – 12.30
horas
Xermade – 16.00
horas
Xoves, 9 de
novembro:
A Pobra do Brollón
– 10.30 horas
Pantón – 12.30
horas
Martes, 14 de
novembro:
Cervo – 10.30
horas
Burela – 12.30
horas
Ourol – 16:00
horas
Xoves, 16 de
novembro:
Antas de Ulla –
10.30 horas
Palas de Rei –
12.30 horas
Martes, 21 de
novembro:
Paradela – 10.30
horas
Sarria – 12.30
horas
Sober – 16.00
horas
Xoves, 23 de
novembro:
Rábade – 10.30
horas
Outeiro de Rei –
12.30 horas