A prohibición de redes sociais a menores a debate na Coruña

mércores, 25 de febreiro do 2026 Marcus Fernández

Nas últimas semanas saltou á opinión pública o debate sobre a necesidade de prohibir o acceso a redes sociais a menores e a posibilidade de esixir identificación dos cidadáns para poder facer uso destas plataformas, o que levou a Coruñatech a organizar un espazo de debate sobre esta temática, para pór na balanza se as medidas que propoñen dende o Goberno protexen á mocidade ou limitan as liberdades da sociedade.
Este Open Space tamén debatería sobre que plataformas deben considerarse redes sociais, se o cambio de escenario mellorará ou empeorará a situación e incluso se existen alternativas cun mellor equilibrio entre seguridade e liberdade.
Para discutir e informarse sobre a materia, convidan aos interesados a acudir o mércores 4 de marzo de 19:00 a 20:30 á Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña, sita na rúa Leopoldo Alas Clarín, 2 da cidade herculina, inscribíndose previamente a través de Meetup.