A publicación con máis gústames de Instagram é de Leo Messi
xoves, 22 de decembro do 2022
Hai preto de 3 anos comentamos como a
fotografÃa dun ovo logrou conseguirse na imaxe con máis gústames en Instagram,
como parte dunha campaña para que Kylie Jenner perdese o liderado na plataforma
con 18 millóns de gústames nunha instantánea. Naquel momento a imaxe do ovo conseguira
superar os 34 millóns de gústame, converténdose en lÃder absoluto, pero
continuou medrando até os máis de 58 millóns de gústames que ostenta
actualmente, pero estes dÃas non foi precisa ningunha campaña para superar tal
marca, xa que de xeito totalmente orgánico o carrusel de fotografÃas de
Leo Messi celebrando que Arxentina gañou o Mundial de Fútbol de Catar conseguiu
superar os 72 millóns de gústames, algo que será difÃcil de superar a vindeira ocasión.
Resta agora ver se os usuarios que no seu dÃa apoiaron a fotografÃa do ovo teiman
na súa idea de non deixar que unha celebridade sexa quen ten o record de
gústames en Instagram, e organizan unha nova campaña para que o ovo recupere a
súa coroa na plataforma social.