A rapazada xa pode enviar fotos comprometidas ambientalmente ao certame Pilabot
luns, 7 de xaneiro do 2019
Co
novo ano abriuse
o prazo de presentacións o concurso de fotografÃa creativa
#eusonpilabot, enmarcado na campaña de sensibilización
ambiental Pilabot impulsada pola ConsellerÃa de Medio Ambiente para
fomentar a recollida selectiva de pilas, baterÃas de todo tipo de
dispositivos eléctricos e electrónicos e acumuladores portátiles
entre a poboación escolar e as súas familias. A rapazada interesada
poderá enviar as súas fotos até o vindeiro 25 de xaneiro. A
iniciativa abranguerá 150 centros docentes coa súa importante
mensaxe de concienciación acerca do correcto tratamento dos ditos
refugallos, moi perigosos para o noso medio natural.
A
iniciativa inclúe obradoiros, charlas, actividades participativas e
e mesmo un concurso nas redes sociais. Será un certame de fotografÃa
convocado baixo o cancelo #eusonpilabot e no que acadarán premio as
tres fotos que acaden nas redes máis gústame.
No
programa participará alumnado de 150 centros de educación primaria
e secundaria de toda Galicia, a través da páxina web
www.pilabot.gal, que achega os
recursos precisos para a inscrición. A metodoloxÃa do certame
especifica que unha vez feita a inscrición, un xurado conformado por
representantes da Xunta e de SCRAP (sistema de responsabilidade
colectivo ampliado de produtor do que forma parte Ecolec) fará unha
preselección das obras finalistas; e do 1 ao 10 de febreiro, todas
as fotos escollidas serán publicadas na páxina de Facebook de
Pilabot. Os gañadores decidiranse en función do número de gústame
recibidos nas redes sociais de modo que o autor da fotografÃa que
obteña o maior número de votos positivos recibirá como primeiro
premio unha tableta, o que fique na segunda posición levarase un
altofalante bluetooth, e o que quede en terceiro lugar, unha
pulseira de fitness.
A
campaña Pilabot, posta en marcha pola ConsellerÃa de Medio Ambiente
coa colaboración dos xestores de Ecopilas, ERP e Ecolec, arrincou
oficialmente o pasado 1 de outubro coa presentación e xestión das
inscricións dos centros educativos interesados en participar. En
total, 150 colexios de toda Galicia (53 da provincia de A Coruña; 15
de Lugo; 31 de Ourense; e 51 de Pontevedra) están adheridos a
Pilabot para o curso 2018-2019.
Esta
campaña inclúe tamén como actividade estrela un concurso de
reciclaxe de pilas, de forma que os centros participantes que
consigan as mellores cifras de recollida recibirán un premio
económico para a compra de material escolar ou deportivo. FÃxanse
nesta actividade catro premios: dous, dotados con 2.500 euros cada
un, para o centro escolar que máis quilos de pilas reúna e tamén
para o que máis quilos recolla por alumno; e outros dous, de 1.250
euros, para os colexios que queden en segunda posición.