A rede WiMAX de Samos non cumpre coas expectativas dos veciños
venres, 7 de agosto do 2009
Un grupo de
veciños de Samos presentaron un escrito ante o seu Concello no que protestan
ante o mal funcionamento da rede WiMAX de acceso á Rede instalada na vila,
que prometÃa unha cobertura do 100% na capital municipal antes de rematar o ano
e na actualidade non chega nin á metade da vila, no que consideran que é debido
á mala ubicación das antenas que dan servizo.
Segundo parece, os afectados comentan que a empresa que xestiona este programa
piloto desenvolvido pola anterior ConsellarÃa de Medio Rural responde ás
queixas asegurando que non poden
queixarse por participar nun programa de balde.
De feito, a Xunta de Galicia decidiu
rescindir o contrato coa empresa que Ãa facer o despregue da rede de banda
larga no rural do sur de Lugo ante os malos resultados das probas
pilotos de Samos e O Courel (que combinaban WiMAX e Wi-Fi), e na actualidade
están a traballar nun novo plan que deberÃa presentarse antes de rematar o ano.
