A terceira edición Máster de Software Libre de Caixanova incluirá descontos de ata o 20%
venres, 10 de xullo do 2009
O Máster de Software Libre de Caixanova e Igalia segue a ampliar o seu radio de acción, tanto no que se refire ás actividades dos seus alumnos presentes coma no que atinxe aos que aÃnda non o son pero están en vÃas de selo. Se onte falabamos nesta mesma web da participación activa dos estudantes no encontro Guadec-es de Gran Canaria, agora toca falar da fronte común que veñen de facer tres grupos galegos de usuarios de software libre, GHANDALF, GLUG e GALPon, co obxectivo de acadar a meirande inscrición posible na vindeira edición do curso, a terceira. Máis polo miúdo, o esforzo colaborativo consiste en ofrecer prezos máis accesibles para o ingreso. Para isto, as tres agrupacións asinaron un acordo con Igalia mediante o cal pasan a converterse en colectivos con desconto, o que significa que os integrantes destas plataformas terán dereito a un 20% de rebaixa na matrÃcula do máster.
Alén de dinamizar a participación no curso, o que se pretende con esta iniciativa é algo de máis calado social para Galiza: afianzar e promover o papel do software libre (con todas as súas vantaxes, que son moitas) nun intre especialmente delicado para o mesmo, agora que todo son incógnitas sobre o futuro o seu futuro (Mancomún, as aulas da Rede de Dinamización as ferramentas e sistemas operativos postos en marcha xa e outros en desenvolvemento para saÃr en breve, etc) co cambio de Goberno autonómico.
En palabras das catro agrupacións asinantes, o obxectivo é potenciar a formación de profesionais cualificados no eido da programación aberta e consolidar, desta maneira, unha comunidade galega de entidades, organizacións e empresas fortes e estables, todas elas apostando polo uso, deseño e/ou promoción do software libre.
A medida, informa Mancomún, deuse a coñecer hai pouco xunto coa publicación do resto dos datos relativos ao curso 2009/2010 do Máster de Software Libre Caixanova, organizado por Igalia e a Universidade Rei Juan Carlos. Amais dos descontos, tamén se informou polo miúdo doutras novidades: os criterios de descontos por matriculación en xullo (10%) ou aos dous mellores expedientes (30%), entre outras consideracións.
