A versión 3.10 do escritorio libre Gnome, cen por cen en galego
mércores, 2 de outubro do 2013
O equipo galego de tradución de Gnome anunciou
os dÃas pasados a dispoñibilidade da nova versión do escritorio
libre, a versión 3.10, na súa totalidade traducida á nosa
lingua (a
interface cunha taxa de adaptación ao galego do 100% e os módulos
da documentación ao 50%) e cunha chea de novidades a ter moi en
conta. Como por exemplo un adianto da integración de Wayland no
escritorio, unha barra de estado do sistema integrada e as novas
barras de cabeceira. En conxunto, todos estes cambios fan de Gnome 3
(unha versión que requiriu medio ano de intenso traballo contándose
cunha comunidade dun milleiro de persoas) un escritorio aÃnda
mellor con novos e interesantes aplicativos e mellor experiencia de
usuario, sinálase dende Mancomún. E co engadido de pórsenos ao
alcance da man en galego.
Entre as melloras saliéntanse a incorporación de
Wayland, que é a seguinte xeración tecnolóxica para pantallas e
métodos de entrada en Linux. Wayland pon en xogo meirande suavidade
nos gráficos, con animacións e transicións melloradas. Gnome 3.10
introduce a compatibilidade experimental de Wayland, o que lle
permite ao escritorio e aos aplicativos executarse usando Wayland.
Tamén se introducen o estado do sistema integrado, as barras de
cabeceira (que combinan as barras de tÃtulo e as barras de
ferramentas nun único elemento e permiten interfaces de aplicación
máis dinámicas con controis), e novas aplicacións de música,
fotografÃas, apuntamentos, software e mapas.
