A versión móbil de Google incorpora unha aplicación meteorolóxica

mércores, 26 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

Dende Google téñenos afeitos a amosar información local coma complemento as nosas buscas, e grazas a que a meirande parte de terminais co sistema operativo Android ou iOS teñen GPS, este potencial de busca estase a levar aos móbiles, o que pode comprobarse claramente na versión móbil en inglés de Google, na que se buscamos información meteorolóxica (weather en inglés) aparecerán, antes dos resultados de busca tradicionais, unha aplicación web meteorolóxica na que vemos a situación actual do tempo e a predición para as vindeiras 12 horas (permitindo a súa consulta hora a hora mediante unha barra deslizante) e para os vindeiros 4 días.
No caso de que o usuario queira consultar outra localidade distinta á detectada por Google tamén pode elixirse a cidade do mundo que desexemos.

PUBLICIDADE