A versión web de Skype incorpora chamadas de voz e vÃdeo en grupo
luns, 3 de agosto do 2015
Unha das grandes diferenzas que habÃa entre Hangouts e Skype
era que o servizo de Google ofrecÃa conversas en grupo de balde, pero hai pouco
máis dun ano Microsoft
decidiu mudar a situación, facendo que as videoconferencias en grupo a través
de Skype pasasen tamén a ser de balde, facilitando a realización de
xuntanzas a distancia, o que agora pasa a ser aÃnda máis doado, xa que a versión web de Skype (actualmente en probas)
e Skype en Outlook.com (que facilita o uso de Skype a través do webmail de
Microsoft mediante un plugin) veñen
de estrear a posibilidade de facer chamadas en grupo de voz e vÃdeo, de
xeito que poderemos engadir ata 25 persoas a unha comunicación de voz e ata 10
persoas a unha videoconferencia, de xeito que poderanse organizar reunións familiares,
xuntanzas de empresa ou incluso clases a distancia directamente dende o
navegador web.
Estas novas prestacións aÃnda son bastante novas, polo que contan con algunhas
carencias, pero espérase que se vaian superando nas sucesivas actualizacións do
servizo.
