AGAPI organiza unhas novas xornadas formativas posicionamento e mercadotecnia
mércores, 27 de setembro do 2023
A
Asociación
Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) organiza o vindeiro día 3
de outubro de 2023 entre as 10:30 e as 14:00 unhas xornadas de
formación presenciais adicadas a poñer en común diferentes
estratexias de posicionamento (visualización en redes e buscadores)
e mercadotecnia (marketing) no mercado audiovisual nacional e
internacional. As xornadas contarán coa presenza “dalgunhas das
voces mais relevantes do sector”, en palabras de AGAPI.
Dividiranse
en tres relatorios: Estratexias de marketing e xestión de redes
sociais no mercado nacional, impartida por Pilar Toro (directora
de marketing e comunicación de FILMIN); As posibilidades
internacionais do cinema de animación, cuxa relatora será Chelo
Loureiro (produtora en Abano Producións) e Como introducir e
promocionar o teu proxecto audiovisual no mercado internacional e nos
festivais: estratexias de venda da man de Rosa Bosch (consultora
independente).
As
xornadas levaranse a cabo no Consello da Cultura Galega (pazo de
Raxoi, Santiago de Compostela). Esta formación, de balde, precisará
unha inscrición previa que se poderá realizar enviando un correo a
prensa@agapi.gal co nome e apelidos antes do 02 de outubro.
Trátase
dunha actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.