Aberto o prazo para os vindeiros cursos sobre software libre do CNTG
xoves, 21 de xaneiro do 2010
O Centro de Novas TecnoloxÃas de Galicia, situado no barrio de Conxo en Santiago, vai organizar no segundo trimestre deste ano 2010 un importante número de obradoiros e cursos especializados arredor da temática do software libre e as súas posibilidades para o desenvolvemento tecnolóxico da nosa terra. As actividades en cuestión, que se dirixen a profesionais en situación de desemprego ou en activo, xa teñen aberto o seu prazo de inscrición, segundo informa o Centro e se fai eco Mancomún. Os pasos para formalizar a matrÃcula son os seguintes: primeiro acceder á web do Centro e rexistrármonos e logo ir á ficha do curso dende a sección de formación, que é o espazo onde poderemos ver os detalles ao completo do curso e encher o formulario de inscrición.
A temática das accións previstas é variada malia xirar toda ela arredor da programación aberta: bases de datos MySQL, programación de aplicacións web con J2EE 5 ou ben implementación de VoIP con Asterisk.
Máis polo miúdo, estas son as accións programadas, os seus obxectivos e o seu miolo:
· Administración de bases de datos MySQL, cun total de 60 horas lectivas que se impartirán entre o 2 e o 18 de marzo. Conta con dúas edicións, unha en quenda de mañá dirixida prioritariamente a desempregados e outra pola tarde dirixida prioritariamente a traballadores en activo. PÃdense coñecementos básicos do PC, sendo útil a experiencia previa con calquera liña de ordes (p. ex. MS-DOUS).
· Programación de aplicacións WEB con J2EE 5: cun total de 60 horas lectivas que se impartirán entre o 2 e o 18 de marzo. O curso prepara ao asistente para alcanzar os coñecementos necesarios para levar a cabo a construción e posta en funcionamento de aplicacións corporativas segundo os estándares de Java EE 5, asà como os coñecementos e habilidades necesarias para o desenvolvemento de aplicacións Web a partir de Servlets e páxinas JSP empregando o servidor de aplicacións Sun Java System Application Server e Apache Struts framework.
Prazo de inscrición ata o 14 de marzo de 2010
· Desenvolvemento de aplicacións con Spring, Hibernate & JSF: 64 horas de docencia repartidas entre o 5 e o 29 de abril. O curso achega coñecementos nas últimas tecnoloxÃas na contorna de desenvolvemento profesional de aplicacións Java na versión J2EE 5.
· Implementación de VoIP con Asterisk. 36 horas lectivas que se impartirán entre o 5 e o 15 de abril. Preténdese con esta actividade trasladar os coñecementos necesarios para realizar un despregue de Voz IP e adquirir uns coñecementos sólidos de Asterisk.
· Desenvolvemento de aplicacións WEB con PHP e MySQL sobre Apache. 80 horas lectivas a impartir entre o 6 e o 3o de abril. Este curso conta con dúas edicións, unha en quenda de mañá dirixida prioritariamente a desempregados e outra pola tarde dirixida prioritariamente a traballadores en activo. O seu obxectivo é cubrir os fundamentos para construÃr unha aplicación real Web, usando MySQL e PHP.
Prazo de inscrición ata o 31 de xaneiro de 2010
