Ábrese a votación dos Premios LaconNetwork

martes, 31 de xaneiro do 2017 Marcus Fernández

O vindeiro venres a LaconNetwork celebrará o seu sétimo aniversario cunha gala que desenvolverase no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, aproveitando a cita para facer entrega da segunda edición dos Premios LaconNetwork, cos que procuran dar visibilidade a diferentes axentes que apoian o emprendemento, divididos en catro categorías (Iniciativa, Evanxelizador, Empresa Impulsora e Angel Investidor).
A elección dos gañadores dos Premios LaconNetwork realízase en dúas fases: inicialmente un comité técnico (integrando por representantes do CITIC, do Centro de Investigación TIC, da Universidade da Coruña, da Facultad de Informática, da Universidade da Coruña, do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia, do CESGA, de Código Cero, da Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo e empresas como Altia ou Confirmsign) elixe a tres finalistas por categoría e logo ábrese unha votación pública na páxina web da LaconNetwork que estará aberta até o vindeiro 2 de febreiro, véspera do encontro dos albaneis da nube.
O Premio Empresa Impulsora 2017 quere salientar ás empresas que confían e apostas en startups galegas, entre as que figuran como finalistas Hijos de Rivera, Nortempo e Torre de Núñez; o Premio Lacon Ángel Investidor quere dar visibilidade a persoas físicas ou xurídicas que invisten en startups galegas, destacándose ás persoas de Rubén Ferreiro (Viko e Lanai), Juan R. Güell (Círculo de Empresarios de Galicia) e Martín Rivas Antón (Uninvest); tamén se destaca a orrganizamos que axudan a creación de empresas e ao asentamento de emprendedores co Premio Lacon Iniciativa, do que son finalistas La Molinera (Concello de Ourense), Startup Weekend Edu Galicia e Social Weekend; e, finalmente, co Premio Lacon Evanxelizador recoñécese a implicación de persoas que contribuíron a difundir o espírito da LaconNetwork organizando algunha das súas citas mensuais, que este ano son Antonio Escudero (CreAppCuentos), Luis Mandayo e Adrián Sánchez (Lupeón 3D) e Venancio Salcines (Escuela de Finanzas).

PUBLICIDADE