Ábrese o prazo de matrícula para o Máster de Software Libre 2012/2013 de Igalia

mércores, 11 de xullo do 2012 Marcus Fernández

O Máster en Desenvolvemento e Xestión de Proxectos de Software Libre organizado por Igalia e o grupo GSyC/LibreSoft da Universidade Rey Juan Carlos chegará este ano á súa VI edición, estando xa aberto o seu prazo ordinario de matrícula ata o 31 de xullo, o que permitirá obter un desconto do 10% sobre o prezo final.
Este Máster impartido en dúas sedes (Vigo e A Coruña) é un título propio da Universidade Rei Juan Carlos e está organizado ao redor dun ecosistema baseado nos estudantes e orientado á participación en comunidade, cunha grande dedicación á práctica e seguindo a filosofía de aprender facendo. As súas actividades presenciais concéntranse en venres pola tarde e sábados pola mañá para facelo compatible co horario laboral e tamén inclúe un programa de prácticas en empresa que supón unha boa oportunidade para os alumnos que estean a procurar emprego.
As xornadas do Máster comezarán no mes de novembro, e para coñecer máis detalles sobre a súa filosofía, metodoloxía, formato e contidos podemos ver un vídeo no que o coordinador da área Web de Igalia, Xavier Castaño, explica os detalles desta titulación que busca formar a profesionais especializados en Software Libre: