Academias e empresarios lánzanse a informar sobre as vantaxes do software libre
martes, 29 de setembro do 2009
O outono que xa se albisca ao lonxe (malia que en realidade xa estamos nel) promete ser unha estación completiña no que a promoción e divulgación do software libre se refire. E a nosa terra non vai ser unha excepción. Segundo nos conta o Centro Mancomún, os vindeiros meses serán especialmente activos no que se refire a xornadas de difusión, de balde e abertas á participación de toda a cidadanía. A primeira quenda é a da Asociación de Centros Homologados, que co financiamento da Secretaría Xeral de Modernización e do Ministerio de Industria, vai organizar as xornadas Consume software libre, consume software seguro.
Asemade, cómpre informar das sesións da Asociación de Empresarios Discapacitados, apoiadas tamén por Modernización, o Plan Avanza e a UE co obxectivo de informar polo miúdo das vantaxes da programación aberta. Estas xornadas desenvolveranse baixo o epígrafe Programa de seminarios de software libre, Informatízate.
Volvendo ás primeiras, cómpre dicir que o programa inclúe catro eventos divulgativos a celebrar noutras tantas cidades galegas en distintos fins de semana. Cada un dos eventos dividirase nun relatorio (chamado Software libre e seguridade) para a tarde do venres e nun obradoiro sobre programas galegos en aberto para a mañá do sábado. Por certo que Mancomún colaborará nestas sesións achegando copias do sistema operativo galego Galinux, que serán repartidas entre os asistentes. Este é o calendario de actividades:
· 16-17 de outubro : Santiago de Compostela
Hotel Área Central, R/ París 7c (fronte entrada supermercado)
tfno: 981 598 590
· 30-31 de outubro : Ferrol
Hotel Almirante, R/ María 2
tfno: 981 369 790
· 6-7 de novembro : Ourense
Hotel Francisco II, R/ Bedoia 7
tfno: 988 366 268
· 13-14 de novembro : Lugo
Gran Hotel de Lugo, R/ Ramón Ferreiro 21
tfno: 982 252859
Programa Informatízate
Este programa tamén se levará a cabo en 4 cidades galegas en horario de tarde e inclúe os seguintes seminarios, ao remate dos cales se entregará un diploma de asistencia:
Básico de OpenOffice.org: Writer ( 15 horas)
Navegación con Mozilla Firefox ( 15 horas)
Tratamento de fotos con GIMP ( 15 horas)
Creación e xestión dun blog ( 15 horas)
A celebración dos seminarios será en:
Academia Zeta - Praza Recife, 5, A Coruña
Academia Vangarda- Dr.Yáñez Rebolo 56 B, Lugo
Academia Manzaneda - Rúa Benito Vicetto 11 Baixos
Academia Abrente - Praza de América, 1 1a Planta, Vigo
As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Para obter máis información ou para inscribirse é preciso chamar ao teléfono 981 277 222 e preguntar por Susana ou no correo electrónico: snavarro@azetanet.com
