Artigos desta sección
O Museo das Ciencias de Londres acollerá até finais de febreiro unha mostra de videoxogos dende as súas orixes
A tecnoloxía de hoxe, até a que nos parece máis avanzada de moderna, será pasto de mostras nostálxicas do mañá, ou incluso material para rescatar dos armarios pola época do Antroido. O paso do tempo pasa factura, e coa tecnoloxía é especialmente duro, acurtándose cada vez máis o prazo de vida dos diferentes aparellos: móbiles, computadores, cámaras, videoxogos, (...)
Ler máisLiveScience habilita un estudo sobre suposicións convertidas en mitos científicos (e viceversa)
O costume e a teimosía poden converter suposicións e ideas máis ou menos peregrinas en dogmas de fe, e viceversa. Unha resposta ocorrente no lugar axeitado (un bar cheo de xornalistas?) e no intre axeitado (os xornalistas están a piques de volver á redacción e teñen que levarlle algún tema candente ó seu xefe?) e o que doutro xeito parecería unha parvada acaba (...)
Ler máisReporteiros Sen Fronteiras protesta contra o control informativo do Goberno cubano en Internet
Os Gobernos de Cuba e China, tan afastados eles, e no que se refire a cuestións coma Internet coinciden ás veces camiñando polos mesmos carreiros da censura e o control, e se cadra sen sospeitalo (e a Estados Unidos tamén lle chega, como puidemos ver hai días co caso da nena investigada por dicir cousas feas de George Bush nun foro de Internet).O caso é que (...)
Ler máisINEO organiza este luns 23 unha xornada sobre as novas oportunidades de negocio que pode achegar o DNI dixital
O DNI dixital, malia que xa se comezou a expedir hai meses, segue a ser un misterio nos petos e nas carteiras de moitos cidadáns e empresas, sobre todo no que se refire ás súas posibilidades (corremos o risco de quedármonos na superficie).Co fin de botar un pouco de luz sobre esta cuestión, sobre todo no que se refire ó eido dos negocios, a Asociación (...)
Ler máisA Coruña terá un Museo Nacional da Ciencia e a Tecnoloxía
A avenida coruñesa de Labañou acollerá no edificio Prisma de Cristal o Museo Nacional da Ciencia e a Tecnoloxía, asinándose hoxe para tal fin un protocolo na casa consistorial sita na Praza de María Pita, nun acto no que o alcalde herculino, Javier Losada, se xuntará co secretario de Estado de Universidades, Miguel Ángel Quintanilla, e o presidente da (...)
Ler máisApple vendeu varios iPods con virus informáticos
Apple anunciou que menos do 1% dos iPod Video vendidos dende o 12 de setembro de 2006 incluían un virus para Windows nun ficheiro chamado RavMonE.exe que se pode eliminar de xeito doado cun antivirus actualizado, sendo un virus de baixo risco, e do que, sempre segundo Apple, se detectaron menos de 25 casos.Por suposto, aparte de eliminar o ficheiro (...)
Ler máisLibia encarga 1,2 millóns de portátiles 2B1 (do proxecto OLPC)
O fabricante taiwanés Quanta comezará a produción dos portátil 2B1 do proxecto One Laptop Per Child (ou portátil para cada neno) promovido polo MIT e Nicholas Negroponte que quere introducir ós cativos dos países en vías de desenvolvemento na Sociedade da Información, saltando a fenda dixital cuns equipos informáticos que pretenden reducir o seu prezo ata os 100 (...)
Ler máisAs pantallas de maior envergadura axudan á produtividade nas oficinas, segundo Apple
Sabíamos que hoxe en día unha das grandes claves da produtividade era ceibar os computadores dos xogos de cartas mais nesta redacción non se sospeitaba de que os folgos para unha meirande eficacia nas oficinas virían dados polo simple acto de cambiar pantallas pequenas por pantallas máis grandes. Así é, ou polo menos así se detalla neste (interesado?) estudo (...)
Ler máisO Goberno presenta Espazo Avanza, unha actividade itinerante para propagar as vantaxes de Internet alí onde sexa preciso
Que Internet segue a ser para moitos e moitas unha especie de home do saco é unha realidade da que o Estado español non semella darse ceibado (e Galiza non é unha excepción… todo o contrario).Na liña de convencer á máxima cantidade posible de non-internautas españois de que a Rede non morde e de que é moi vantaxosa para adquirir formación e para comunicarse é (...)
Ler máisCondenan a un británico por ciberagresión
Cando na película Jay y Bob el Silencioso Contraatacan, os protagonistas se fan cunha morea de cartos e deciden gastalos en viaxes por todo EE.UU. agredindo á xente que os insultara nun foro da Internet, a escena pretendía ser graciosa ante o ridículo que resulta tal reacción, pero cando un acto similar acontece na vida real resulta desconcertante e, sen (...)
Ler máis0 | ... | 40950 | 40960 | 40970 | 40980 | 40990 | 41000 | 41010 | 41020 | 41030 | 41040
