Artigos desta sección
As cámaras dixitais e Internet sacan os trapos sucios dos políticos en campaña
Hoxe en día, xa un non se pode meter o escarvadentes na boca logo dunha boa cena colectiva, porque está claro que sempre hai alguén ó tanto para sacar a cámara dixital e inmortalizalo en tan elegante manobra de hixiene. Non hai intimidade, nin sequera para confundirnos, para dicir o que nos pete ou, como a Chicarelli, para dar renda solta á nosa paixón na (...)
Ler máisOs automóbiles que se comunican directamente co condutor estarán no mercado nun prazo de dous anos
Nin sequera o condutor máis intelixente dos que circulan polas estradas de Galiza está libre de facer de cando en vez algunha cafrada. Tendo en conta isto, calquera cousa que se faga a prol de incrementar as súas capacidades de resposta e, en definitiva, a súa intelixencia ou (ante a imposibilidade disto) a do coche, tería que ser benvida. E na liña de (...)
Ler máisSingapur terá conectividade Wi-Fi de balde
A creación de redes de conectividade sen fíos en grandes cidades está en auxe, con experiencias en San Francisco, Filadelfia, Taipei e mesmo Zaragoza, e agora inician o programa Wireless@SG que achegará o acceso á Rede a través de Wi-Fi a todo Singapur, permitindo a navegación a unha velocidade de 512 Kbps en lugares públicos e sen coste algún, que se (...)
Ler máisYahoo! envíanos ó espazo na súa cápsula do tempo
Dende que Yuri Gagarin viaxou por primeira vez ó espazo, o 12 de abril de 1961, facendo unha órbita completa arredor da Terra, os anhelos por conquistar todo aquilo que non é “planeta Terra” increméntanse como a escuma co paso do tempo. Cada día danse a coñecer nomes de famosos podres de cartos que xa teñen reservada a súa viaxe espacial a bordo dunha nave que (...)
Ler máisA directora de Microsoft Ibérica advirte ós políticos sobre as posibles distorsións dos problemas que se poden percibir a través da Internet
Rosa María García, presidenta de Microsoft Ibérica, durante o primeiro congreso Sociedade do Coñecemento e Democracia celebrado en Málaga (que contou coa presenza de líderes mundiais coma Al Gore, Mikhail Gorbachev ou Felipe González) advertiu ós políticos de que non deben confundir as opinións que reciben a través da Internet coas do conxunto da cidadanía, pois (...)
Ler máisO éxito do iPod chega ós videoxogos
Os reprodutores multimedia de Apple non paran de medrar, e a poucos días do lanzamento no seu novo iPod shuffle (que se comezará a vender o 15 de outubro a 79 euros) sabemos que non só os iPod dominan a metade do mercado mundial de dispositivos reprodutores de MP3, senón que a súa presenza no mercado norteamericano é do 75%.Ademais, a evolución destes (...)
Ler máisOs EE.UU. presionan a Rusia para que peche a web AllOfMP3.com
Resulta sorprendente que un dos atrancos para o ingreso de Rusia na Organización Mundial do Comercio sexa unha páxina web, e é que os negociadores norteamericanos que están a conectar cos responsables rusos queren que a tenda virtual AllOfMP3.com peche, porque o consideran como un dos meirandes fondos de música pirateada a nivel mundial, se ben, a web é (...)
Ler máisInternet supera por primeira vez ós xornais como fonte de información
Internet ábrese camiño nos ollos da xente. A vida informada xa non se entende sen a Rede, e cada vez danse máis casos de directores e presidentes de xornais en papel que pensan con saudade nos días de gloria da prensa escrita. Eses días, se temos en conta o que di o Jupiter Research (gabinete de investigación), xa pasaron definitivamente.Por unha banda, temos (...)
Ler máisTraballo quere ter operativo en 2007 o Centro de Formación en Novas Tecnoloxías de Santiago
Segundo a Consellería de Traballo, o Centro de Formación en Novas Tecnoloxías que puxo en marcha en Santiago estará rematado o ano que vén. O proxecto, que leva un investimento de 4 millóns e foi presentado o pasado 13 de setembro, ten como principal obxectivo fortalecer a formación e a competitividade das empresas galegas de cara a abrirse camiño nun mercado (...)
Ler máisGoogle merca YouTube por 1.650 millóns de dólares en accións
Onte xa falabamos dos rumores que apuntaban a que Google podería estar interesado na compra de YouTube, pero agora a compañía que posúe o buscador máis popular do mundo anunciou que chegou un acordo para a adquisición de YouTube por 1.650 millóns de dólares en accións, conservando YouTube a súa marca e comunidade de usuarios que, por outra banda, son a chave do (...)
Ler máis0 | ... | 40940 | 40950 | 40960 | 40970 | 40980 | 40990 | 41000 | 41010 | 41020 | 41030
